Venres. 03.05.2024
El tiempo

Preocupación entre as asociacións de Baio polo posible mal remate das obras da ponte

ponte de baio obras a medias
Así está a día de hoxe a ponte de Baio
Preocupación entre as asociacións de Baio polo posible mal remate das obras da ponte

Este domingo disfrutaron da nova ubicación da feira. Pero as Asociacións de Baio seguen preocupadas pola eterna reforma da ponte sobre o río Grande, un elemento fundamental para o desenvolvemento comercial e hostaleiro da vila.

O pasado 10 de decembro reabríase o tráfico coa obra a medio rematar para permitir un Nadal sen obras. Este pasado xoves, a Xunta comunicáballes que, se a meteoroloxía acompañaba, do mércores 19 ata o venres 21, vanse retomar as obras e vaise pechar ao tráfico a ponte, para a finalización dos traballos.

”Dende as diferentes asociacións de Baio e Piroga, vemos con gran preocupación que o remate das obras non sexa o axeitado debido a como está a Ponte nestes momentos”. Dende o lado de Baio, preocupa a marxe esquerda no paso de peóns, que polo que “podemos prever para que cumpra coa accesibilidade, acabe cunha gran rampla para o seu acceso, creando problemas de seguridade debido ao muro que hai nese mesmo lado antes da Ponte que en principio quedaría máis baixo que a propia rampla”.
Tamén preocupa “que as augas baixen por esa rampla e entren na casa que está xusto antes, xa que de ser o caso necesitaría unha recollida de augas para evitar ese problema”.

Dende o lado da Piroga, Vimianzo, preocupa “o remate da Ponte, sobre todo no tema da beirarrúa que remata na Ponte que quedou “desfeita” e por todo o parcheado que quedou antes da Ponte”. “A simple vista, observamos como a Ponte está inclinada provocando máis elevacións dun lado que do outro, producindo unha baixada bastante perigosa para os coches”.

As entidades sociais da vila zaseira queren comunicarllo “aos responsables da obra que nos sinalaron que estaba feito aposta para que os coches reduciran velocidade, neste caso estamos de acordo que a velocidade ten que ser menor, pero debido a ese cambio tan brusco, algúns vehículos case deixan a defensa na zona. Entendemos que unha obra de semellante custe, ten que quedar ben rematada, tanto en ela mesma como nos seus accesos. Por iso, queremos mostrar a nosa preocupación para que eses desperfectos queden arranxados a cando a Ponte”.

A Xunta informa

Informa hoxe a Xunta que dende luns día 10 xa se retomaron as obras, coa instalación da varanda de peóns, rematándose xa a colocación dos treitos rectos e continuándose esta semana coa instalación nos treitos curvos. Lembra pois que as obras obrigan a un corte de tráfico desde este mércores, día 19, e ata última hora deste mesmo venres, día 21, para realizar labores de pulido do aglomerado da calzada e a colocación das xuntas de dilatación do taboleiro da ponte manterase operativo o paso para os peóns, habilitándose o correspondente desvío do tráfico pola vía de alta capacidade VG-1.5

Hoxe, luns, de feito, afirman que se está a pavimentar a beirarrúa da marxe dereita para continuar, a finais de semana, coa da marxe contraria e, posteriormente, co pavimento de loseta para completar o itinerario peonil ata as beirarrúas existentes. As obras finalizarán coa instalación da sinalización e marcas viarias, que está previsto realizar a principios do mes de febreiro

Novas relacionadas

Comentarios