Un contacontos virtual en directo para a rapazada de Zas polas Letras Galegas

A ratiña Lilí Gruyére, unha da ratiña da familia de Lonxedetodo da compañía Trinke Trinke, farás as delicias da cativada de Zas este sábado 16 de maio ás 12:00h co gallo das Letras Galegas. A través da páxina de Facebook do Concello de Zas Actualidade Municipal fará un directo para deleite da rapazada cunha temática centrada na figura de Ricardo Carballo Calero, o autor homenaxeado este ano.
Por outra parte, ao longo destes días pendurarase das redes sociais do Concello de Zas información sobre Ricardo Carballo Calero co fin de dar a coñecer entre a veciñanza a súa vida e a súa obra.
Aquí deixamos a Lili (Vanessa Trinke) durante a #Pandemiadecontos:
Apertura das Bibliotecas
Por outra parte, a partir do vindeiro luns, 18 de maio, reactivarase, seguindo as medidas de seguridade e hixiene establecidas, o servizo de préstamo e devolución nas bibliotecas municipais do Concello de Zas. Estes serán os horarios de apertura:
• Biblioteca Municipal de Zas: luns, mércores e vernes de 09:00 a 14:00 horas • Axencia de Lectura de Baio: Martes e xoves de 09:00 a 14:00 horasSó se atenderá a unha persoa de cada vez e todos/as os/as usuarios/as deberán acudir con mascarilla. Cabe sinalar que polo momento non está permitida a lectura en sala nin o acceso aos puntos informáticos co fin de minimizar os riscos de contaxio por Covid-19.
Novidades sobre as Letras Galegas.
- #AsLetrasnaRede: Carnota tamén celebra a data.
- Letras Galegas para "desconfinar" a lingua.
- #EuFaloGalego: As Letras Galegas celébranse nas redes.
- Un Certame para aprender sobre as Letras Galegas e axudar ao comercio local de Camariñas.
- Carballo si quere celebrar o 17 de maio con outro certame de instagram.