Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Dous días de cabalgata por Zas

cabalgata-reis-2022-zas
Dous días de cabalgata por Zas

Os Reis Magos regresan ao Concello de Zas para pechar o completo programa de Nadl e xa está todo listo para que fagan o seu percorrido acompañados dos seus paxes, e, en boa parte, polo alcalde de Lolo Muíño. Coma vén sendo habitual recorrerán os 98 núcleos de poboación do Concello de Zas en dous días, o 4 e o 5 de xaneiro para ver así o maior número de nenos e nenas aos que lles entregarán un pequeno agasallo. Estes son os percorridos e os seus horarios:

  • Mércores, 4 de Xaneiro, de 10:00 a 14:00 horas: San Adrián, A Devesa, Rial de Abaixo, Caberte, Maxín, A Atalaia, Rial de Arriba, Froxán, San Martiño, Vila, Langueirón, A Santa, Fontespiño, Pedra Padreiro, Marán, Campos, A Lagoa, Pudenza, Brandomil, A Calabanda, Padreiro, Quintáns, Limideiro, Curráis, A Gris, Borreiros, A Xestosa, Os Pedrouzos, As Abellas, O Couto, A Toxa, O Vilar, A Churía e Meanos.
    Tras un breve descanso ás 15:00 horas continuarán o seu percorrido por Roma, Rus, Meanos, Vilar de Lamas, As Edreiras, Berbia, Romelle, Arcar, Loroño, Baizana, Artón, Sandrexo, Vilar, Saconde, Pazos, Quintáns, Andregalla, Penedo, Vilachán, Gomarís e Lamas.
  • Xoves, 5 de xaneiro, ás 10:00: Vilar do Mato, A Costa, Follente, Rosende, Mira, Ventoselo, Gontalde, Teixidón, Pedramaior, Carreira, Vilaestévez, Gándara, Quintáns, Vilar Ramilo, Paga, Budián, O Sisto, Sobreira, O Vilar, San Cremenzo, Castro, As Pereiras, Bermello, Cotón do Muíño, Xerne, A Cebola, Muriño, Regalados, O Pombal e Fornelos.

Recepción Real

Os Reis Magos rematarán a súa visita cunha recepción real. Pero antes percorrerán xunto coa súa comitiva as rúas de Baio (a partir das 17:45 horas) e as de Zas (a partir das 18:30 horas). Logo irán para a Praza Jorge Mira Pérez e para a Praza do Concello, respectivamente, onde farán as recepcións reais e entregarán uns pequenos agasallos á rapazada. A festa rematará coa actuación de Trasnos de Nadal (en Baio) e co Mago Pago (en Zas). Nos dous sitios haberá chocolate con churros para todos e todas!
Esta é unha actividade organizada polo Concello de Zas que conta coa colaboración da Asociación Cultural Adro e do Bazar Baio.

Comentarios