Xoves. 28.03.2024
El tiempo

RECORTES EN SANIDADE

As familias de Zas acoden á Valedora do Pobo para recuperar un servizo de pediatría digno

Familias de Zas na Valedora do Pobo polo servizo de pediatria 1

Mentres o asunto non se resolve, e as familias de Zas non recuperan o servizo de 35 horas semanais de pediatría, cómpre non frear a mobilización. Téñeno claro dende a Coordinadora Zas sen recortes en pediatría, conscientes de que se a cousa se enfría o máis probable é que o Sergas vaia esquecendo as nosas demandas.

Por iso, esta mañá acudiron a Santiago para pedirlle á Valedora do Pobo “amparo pola indefensión de non saber que pasará co servicio de pediatría no Concello de Zas e pola desatención dos nenos no caso dunha urxencia”.

Por ese motivo, fixeron entrega dunha solicitude para manter unha reunión con ela e poder explicarlle a gran problemática que se está a vivir co servicio de pediatría e para facerse valer os dereitos dos nenos a unha atención médica gratuita e de calidade.

Novas relacionadas

Máis novas

Comentarios