As familias de Zas volven quedar sen pediatra sen previo aviso

Xoves, luns, e máis o vindeiro día 29, as familias de Zas volven quedar sen pediatra. ASí, sen previo aviso, e sen que Luís Verdes, Xerente da Área Sanitaria da Coruña, lle coña o teléfono o alcalde de Zas. Así o contan dende a Plataforma Zas sen recortes en Pediatría e tamén dende o goberno municipal, unha vez que o alcalde se intentou poñer en contacto coa Xerencia para pedir os motivos da cancelación das citas no servizo de pediatría, pero obtivo o silencio por resposta.
Estes feitos obrigan ás familias a recorrer ao servizo de urxencias para solucionar unha consulta propia da atención primaria colapsando así as urxencias e tendo que desprazarse a outros centros de saúde.
Hoxe, o Concello vai repsentar unha reclamación no Sergas – Servizo Galego de Saúde – para trasladarlle, por unha parte, o malestar da nosa veciñanza e, por outra, para solicitar que de unha vez por todas se devolva a atención 35 horas á semana (e non 15 como hai dende o pasado verán).
Mentres, a Plataforma continúa con novas iniciativas, como a de colocar carteis por todos os establecimentos.
Novas relacionadas
- Abril 19: As familias de Zas volven quedar sen pediatra polas vacacións do profesional.
- Como é o estado de saúde do servizo de pediatría en Cee?.
- “Somos o único Hospital do SERGAS que non ten celadores”.
- Un novo paro de 15 minutos polo Día Mundial da Atención Primaria.
- Unha regueifa escolar contra os recortes en pediatría. As baixas de profesionais de Atención Primaria agrava a crise sanitaria na Costa da Morte.
- O SAE reclama a regulación de contratación no HVdX.
- As baixas de profesionais de Atención Primaria agrava a crise sanitaria na Costa da Morte.
- 14-03-19: A Xunta reiteira que a Costa da Morte ten pediatras de sobra,
- 13-03-19: Os mércores ao sol… e contra os recortes en sanidade.
- A falta de pediatras, o insán costume do sistema sanitario galego.
- 2017: Denuncian de novo o desmantelamento paulatino de servizos do HVdX.
- 2017: Denuncian a nefasta xestión da cafetería e da cociña do Hospital Virxe da Xunqueira.
- 2014: Por un segundo pediatra para Cee e Corcubión.