A Festa da Carballeira tamén introduce o cómodo sistema cashless

Unha das grandes novidades desta 40ª edición é a implantación do innovador sistema cashless, co obxectivo de modernizar o evento e facilitar a participación de todas as persoas asistentes. Por primeira vez, non será necesario empregar efectivo nin tarxetas físicas no recinto: todas as compras de comida, bebida ou merchandising realizaranse mediante unha pulseira intelixente.
Esta pulseira, que xa se puido utilizar noutros eventos da comarca como o Asalto ao Castelo, poderá ser recargada previamente ou durante o propio festival, e permitirá un control total do saldo dispoñible. A información detallada sobre o funcionamento do sistema, así como os pasos para activar e recargar a pulseira, publicarase nos vindeiros días a través da páxina web oficial e das redes sociais da festa.
Vantaxes do Sistema Cashless
- Maior comodidade: elimina a necesidade de buscar cambio ou facer colas longas para pagar.
- Seguridade: reduce o risco de perda de carteira ou diñeiro en efectivo.
- Control: permite consultar o saldo e facer recargas ao instante, incluso desde o móbil.
- Rapidez: os puntos de pago serán máis áxiles, favorecendo un acceso fluído ás barras e postos de comida.
- Sustentabilidade: ao reducir o uso de papel e moeda física, contribúe a un evento máis respectuoso co medio ambiente.
Venda de entradas
A venda de entradas online pódense a atopar na páxina oficial da festa, nesta ligazón, e e tamén nas propias redes sociais da Carballeira Facebook, Instagram e X.
O prezo regular será: abono de día individual 10€ + gastos de xestión e o abono para os dous días 18€ +gastos de xestión. A venda online de entradas estará aberta ata o día 8 de agosto as 21h, a partir de este momento as entradas poderanse comprar en taquilla, onde os prezos serán de 15€ entrada para un só día, ou 25€ abono para os dous días.