Xoves. 02.05.2024
El tiempo

O IES Maximino Romero de Lema despide a Alejo e Ricardo

Alejo Figueroa e Ricardo Vigueret
O IES Maximino Romero de Lema despide a Alejo e Ricardo

Tempo de despedidas nos centros de ensino. Onte estivemos por Muxía, e hoxe toca pararmos en Baio, onde a comunidade escolar do IES Maximino Romero de Lema despediu a Alejo Figueroa e Ricardo Vigueret, dous mestres que levan impartindo clases máis de 40 anos, 20 deles, no centro baiés.

O profesorado celebraba onte un xantar de despedida para dedicarlle a meirande sorte a estes dous amigos que comezan unha nova etapa na súa vida para gozar dunha máis que merecida xubilación.

”Dúas persoas que representan mellor ca ninguén a nosa profesión”, explican dende a dirección do centro. “Dedicación, constancia, compromiso, esforzo... son algúns dos adxectivos que mellor os definen como profesionais e como persoas. Botarémosvos moitos de menos e sempre estaremos aquí para o que necesitedes”, sinalan.

Comunidade profesorado IES Baio

Novas relacionadas

Comentarios