Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Labarta Pose tamén se reivindica para o Día das Letras Galegas no IES de Baio

Labarta Pose no IES de Baio
Labarta Pose tamén se reivindica para o Día das Letras Galegas no IES de Baio

Dende o pasado venres o IES Maximino Romero de Lema acolle coa exposición Labarta Pose, impulsada polo Concello de Zas e que está realizando un percorrido polos centros educativos do concello.

Esta mostra, a primeira que se lle dedica ao escritor baiés, está constituída por seis paneis con fotografías e textos explicativos que divulgan aspectos sobre a súa vida e as súas facetas de escritor, fotógrafo e periodista.

Para o aproveitamento da mesma o noso alumnado visitará a exposición seguindo unha unidade didáctica elaborada dende o Centro. Isto permitiralles pór en valor a un dos persoeiros máis ilustres do Municipio (como comprobamos na Elección Histórica da Costa da Morte) e así apoiar o traballo da Comisión Labarta Pose na concesión do Día das Letras Galegas. Esta comisión recibiu un notable pulo o 24 de outubro de 2017 coa aprobación por unanimidade da Proposición Non de Lei no Congreso dos Deputados na que se daba apoio ás actividades encamiñadas a dar a coñecer a figura de Enrique Labarta Pose.

A mostra está aberta a todo o público que desexe achegarse de luns a venres en horario escolar ata próximo día 21 de decembro.

Expo de Labarta Pose no IES de Baio
Ao acto de inauguración acudiron o Alcalde, Manuel Muíño; a Concelleira de Educación, a Concelleira de Patrimonio xunto coa Dirección do Centro, xunto o alumnado de 1º da ESO

Novas relacionadas

Comentarios