Mércores. 23.10.2019
El tiempo

A Mostra de Teatro de Zas arrinca cos 5 espectáculos finalistas

Xa ten definido o seu cartel a IV Mostra de Teatro Afeccionado “Labarta Pose”. O xurado vén de escoller entre as 43 obras presentadas (a mellor marca de participación), as 5 que serán as finalistas deste 2019. As representacións serán os días 23 e 30 de marzo e 6, 13 e 27 de abril repartidas entre os Auditorios de Zas e de Baio. As funcións comezarán ás 21:30 horas e a entrada é, como sempre, de balde.

O Xurado da Mostra de Teatro de Zas 2019 está formado por Alberto López Villar, Membro do grupo de Teatro Badius, Ricardo Vigueret Gil, Membro do grupo de Teatro Badius; Pablo Soto Videla, Membro do grupo de Teatro Badius; Fidel Otero Pazos, Técnico de Deportes do Concello de Zas e Manuel García Velo, Concelleiro de Cultura do Concello de Zas
O Xurado da Mostra de Teatro de Zas 2019 está formado por Alberto López Villar, Membro do grupo de Teatro Badius, Ricardo Vigueret Gil, Membro do grupo de Teatro Badius; Pablo Soto Videla, Membro do grupo de Teatro Badius; Fidel Otero Pazos, Técnico de Deportes do Concello de Zas e Manuel García Velo, Concelleiro de Cultura do Concello de Zas
A Mostra de Teatro de Zas arrinca cos 5 espectáculos finalistas

Na IV Mostra de Teatro representaranse cinco obras de teatro afeccionado para todo tipo de públicos e gustos, xa que haberá musicais, dramas e incluso comedias moi serias.

Programa

Mostra de Teatro Afeccionado de Zas 2019

A primeira representación é o próximo sábado, 23 de marzo, coa obra de teatro “Insania”, da Agrupación Teatral Mariñán de Betanzos. Esta é unha comedia “moi seria” para maiores de 12 anos que se representará no Auditorio de Zas.

Logo será a quenda de “Bolboretas: A Vinganza”, de Pinchacarneiro Teatro que traen dende Noia esta comedia musical. A representación é o 30 de marzo no Auditorio de Baio e está dirixida a maiores de 16 anos.

A mostra continúa durante o mes de abril. Así, o día 6, o Auditorio de Baio acolle a obra de teatro “Chicago”, do Grupo de Teatro Ultreia de Ortigueira. Este é un musical ao que poden asistir todos os públicos.

O día 13 de abril tocaralle subir ao escenario ao elenco de Sen Cancelas Teatro, de Santa Comba, que nos traerá ao Auditorio de Zas o seu drama “2010”.

A obra é para maiores de 12 anos. Gargallada Teatro, de O Barco de Valdeorras, será a compañía encargada de pechar esta IV Mostra de Teatro o día 27 de abril. Farao coa representación da comedia “O Xogo de Versalles” que terá lugar no Auditorio de Baio e á que poderán asistir os maiores de 8 anos.

Premios

A mostra repartirá 3.500 euros en premios que se repartirán en cinco premios de 900, 800, 700, 500 e 400 euros cada un que outorgará o xurado e outro premio de 200€ para a mellor obra valorada polo público.

Para a entrega de premios haberá que agardar ata o 9 de xuño, día no que tamén terá lugar a clausura da XII Escola Municipal de Teatro Infantil nun acto que se celebrará no Auditorio de Baio a partir das 18:00 horas.

Novas relacionadas

Comentarios