Venres. 26.04.2024
El tiempo

Música e sendeirismo para a fin de semana zaseira

Ante a previsión meteorolóxica, a obervación astronómica prevista para este venres queda adiada
Veran Cultural en Zas
Música e sendeirismo para a fin de semana zaseira

Nova fin de semana chega de actividade no marco do programa Cultural de verán de Zas. En calquera caso, e debido ás previsións meteorolóxicas adíase a observación astronómica prevista para este venres con Jorge Mira dende a tumba do guerreiro Brandomil. A nova data é o 27 de agosto e a saída é ás 21:30 horas dende o lugar de Roma.

Si se mantén a cita para este sábado 7 con Pan sen Fron. As pandereteiras herculinas estarán ás 21:00h na Praza do Concello, con aforo limitado.

Para o domingo 9, toca ruta, arredor da Ponte de Brandomil. A saída será ás 10:00h, e son 10 km de dificultade baixa.

Poden inscribirse no Centro Sociocultual de Baio: 981 71 80 56 (de L-V de 09:00 a 14:00 horas) e no Centro Sociocultural de Zas: 981 75 13 98 (de L-V de 09:00 a 14:00 horas).

Comentarios