Novas actuacións de limpeza dos ríos soneiráns para evitar inundacións
10:59 18/04/20
Esta semana volveron a traballar os operarios de Augas de Galicia que executan actuacións de limpeza e conservación nos ríos do país. E estiveron estes días ocupándose dos treitos interurbanos dos ríos Grande, nos concellos de Zas e Vimianzo, zonas que habitualmente sofren inundacións.
Os traballos de mantemento do río Grande, que nun dos seus tramos se coñece como río Baio, están a levarse a cabo nun treito de máis de 7 quilómetros ao seu paso pola parroquias de Allo, Baio, Bamiro e Salto
As tarefas na parte do río que se desenvolven na parroquia de Salto, comprenden actuacións no tramo interurbano de máis de 4 quilómetros.