Martes. 07.05.2024
El tiempo

O bo ritmo electoral da Autovía Costa da Morte

O bo ritmo electoral da Autovía Costa da Morte
Visita do PP as obras da Autovia en Coristanco

Estamos a bo ritmo, pero electoral, reflexionan moitos veciños estes días ao escoitar á Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, falar da Autovía Costa da Morte. I é que dicir que as “obras levan un bo ritmo de traballo” parece máis unha burla que unha declaración institucional despois de levar, xa a día de hoxe 2 anos de retraso sobre as promesas iniciais de posta en funcionamento (estaba prevista para 2013). Un “bo ritmo” que permitirán estrear o treito norte en 2016.

En todo caso, as obras, en Coristanco, recibían unha visita institucional, ou máis ben partidista, pois só vimos membros do PP acompañando á Ethel Vázquez, e ningún alcalde da oposición.

Durante a visita deixaron, en todo caso, algún dato importante, como que na actualidade preto de 160 persoas e máis de 80 máquinas traballan nas obras, que se atopan ao 20% da súa execución. A infraestrutura, permitirá aforros de tempo de 25 minutos e evitar máis de 7 quilómetros de travesías.

Unha cousa si que nos sorprende, pois por primeira vez dende que anunciaban a modificación do contrato, que supuña a anulación do treito Sur, a Xunta refírese precisamente a ese treito entre Baio e Cee: “Recordou que o Goberno galego decidiu priorizar e centrar os esforzos na construción do treito I desta infraestrutura, entre Carballo e Baio, por ser o tramo que rexistra un maior volume de tráficos e o treito con maior lonxitude, 27 quilómetros, o que se traduce nun 60% do percorrido”.

Parcheando portos

Visita de Portos ao Porto de Camarinas

E tamén recibía visita institucional Camariñas. e o facía o presidente de Portos de Galicia para anunciar que están rematar as obras de pavimentación da explanada portuaria de Camariñas. O ente público ultimará nos vindeiros días os traballos desenvolvidos ao longo deste último mes e que permitiron devolver ao peirao a súa accesibilidade de cara ao tráfico rodado.

En concreto, as obras que se están a ultimar consisten na repavimentación de toda a explanada portuaria na que se rexistraban desperfectos, furados e problemas de gravas soltas. Con esta finalidade, rebacheáronse todos os socavóns previamente ao repavimentado, de modo que quedou fixada e selada toda a superficie.

Novas da Autovía

Fonte

Comentarios