Xoves. 18.04.2024
El tiempo

A Xustiza xulgará a legalidade da modificación do contrato da Autovía Costa da Morte

A Xustiza xulgará a legalidade da modificación do contrato da Autovía Costa da Morte
Asi estan as obras da Autovia Costa da Morte en Berdoias dende 2011

Preguntaba a semana pasada o BNG se o proceder da Xunta para co contrato da Autovía Costa da Morte era ou non legal. Será a Xustiza a que xulgue a legalidade ou non da modificación do contrato coa concesionaria, empresa COPASA. Unha modificación que entenden como “un traxe á medida da empresa privada”, e que o BNG levará ante a Fiscalía por presunta prevaricación.

I é que o modificación exime á empresa de facer un 40% do total da infraestrutura (25 dos 42 quilómetros proxectados) a cambio dun aforro dun 17%, triplicando o custe do contrato inicial.

Foi Jorquera o que falou no Parlamento galego, avisando de que “Por este asunto pode ser imputado todo o Goberno, teñen como precedente o Concello de Santiago”. I é que o BNG denuncia que “a modificación do contrato ten por obxecto beneficiar a unha empresa amiga do PP. Unha autovía que ten un custo real de 200 millóns de euros vai supoñer para as arcas públicas máis do triplo”, cun prezo por quilómetro cadrado que pasou dos 9,7 aos 22,8 millóns de euros. “A obra redúcese nun 55% e o prezo multiplícase nun 235%”, alegou Jorquera. “Se isto non é prevaricación, paréceselle moito”, dixo, de aí a decisión de recorrer á Fiscalía.

Preguntouse tamén por un tema interesante. “Que pasa entón cos movementos de terras xa feitos entre Baio e Berdoais? Quen se fai facer cargo? Vai quedar esa desfeita así outros 5 anos?”

Novas relacionadas

Outras novas

Artigos relacionados

Fonte

Novas relacionadas

Outras novas

Artigos relacionados

Fonte

  • Nota de prensa de BNG.

Comentarios