Xoves. 28.03.2024
El tiempo

É legal o proceder da Xunta coa Autovía Costa da Morte?

É legal o proceder da Xunta coa Autovía Costa da Morte?
Foro Costa da Morte-Autovia

Cando menos, o BNG o puxo en tela xuízo na sesión de onte do Parlamento Galego. A deputada Ana Pontón advertiu que o Goberno galego pode incorrer en “ilegalidade” modificando a lei de acompañamento dos orzamentos co fin de variar os contratos. Referíuse á adxudicación da Autovía da Costa da Morte, “triplicando o valor real” e recoñecendo a propia Xunta o incumprimento dos prazos da construtora. “En vez de aplicar as condicións do contrato, a Xunta nun ano con máis recursos, manifesta que non pode facerse cargo do total da obra”, recordaba Pontón.

Considera o BNG que “eEste proceder, dixo, non só é un desprezo para os habitantes da Costa da Morte senón que pode representar “prevaricación” do Goberno galego”. Nesta liña, leu diversas cláusulas recollidas no contrato para xustificar a súa acusación, relativas a: “Retrasos na execución das obras da Autovía,obrigacións da sociedade concesionaria, prerrogativas da Administración para rescindir o contrato, asunción de responsabilidades da concesionaria e penalizacións no suposto de incumprimentos das súas obrigacións”.

Pídelle á Xunta que “determine as penalizacións dentro dos limites indicados e acordará a resolución do contrato, ou de novo todos os galegos e galegas imos asumir 700 millóns de euros dunha infraestrutura que costa da metade” “Vai a Xunta a premiar con cartos públicos á concesionaria da Costa da Morte que incumpriu os prazos das obras?”, preguntouse Pontón.

A Xunta deféndese

Pola súa parte, a deputada popular Ethel Vázquez defendeu a legalidade da revisión do contrato da infraestrutura, anulando os treitos de Baio-Berdoias e Berdoias-Cee e compensando á concesionaria polos traballos xa realizados. Asegurou que “contan con todos os avais xurídicos, mesmo do Estado”.
Finalmente asegurou que as obras comezarán o vindeiro mes de decembro.

Sobre os orzamentos

Deu Pontón varias cifras sobre os orzamentos, dos que asegurou que “benefician ás construtoras”: Afirmou que “54 de cada 100 euros son destinados a cemento e asfalto, 7,5 para políticas de vivenda e solo, 7,2 para o medio ambiente e 8,4 a xestión da auga”.

Novas relacionadas

Outras novas

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios