Sábado. 27.04.2024
El tiempo

O BNG denuncia o sobrecuste e o PP repítese as súas promesas sobre a Autovía

O BNG denuncia o sobrecuste e o PP repítese as súas promesas sobre a Autovía
Aurelio Nunez e Alejandro Gomez falando da Autovia Costa da Morte

Anunciaba por todo o alto o PP comarcal esta rolda de prensa sobre a Autovía da que esperabamos novas importantes. Pero poucas cousas contaron que non dixeran xa.

O portavoz de Infraestructuras do Partido Popular no Parlamento de Galicia, Alejandro Gómez Alonso, e o deputado autonómico, o carballés Aurelio Núñez, repetiron cousas que xa sabíamos:

De cifras

Resumían os compañeiros de Foro Costa da Morte as contas dos contratos realizados ata hoxe. No 2006 falaban de 315 millóns por unha infraestrutura de Carballo a Brens e Fisterra. Hoxendía o novo contrato sae a 623 millóns e o vial será só de Carballo a Baio.

Pero para a Xunta, “a nova reprogramación das obras non supón un incremento dos custos”, e Gómez Alonso levou un informe económico que acredita que “o investimento redúcese nun 21,6%, que os custos de explotación e conservación minguan nun 22,4%, e que os custos financeiros pasan de 128,6 millóns a 103”. E recoñecen que tiveron que abonar 6 millóns á antiga adxudicataria en forma de compensación, unha empresa que ademais de non levar a cabo o contrato, recibiu compensación.

Críticas á oposición

O que si fixeron os responsables do PP foi criticar á oposición, concretamente ao grupo do BNG. Gómez Alonso asegurou que o BNG sempre tratou de “boicotear unha infraestructura fundamental”. “O BNG non quere a autovía, nunca a quixo sacar adiante”, asegurou Gómez, que recordou que “durante a etapa do bipartito adxudicouse de forma chapucera un proxecto cun orzamento de 545 millóns, (o inicial era de 935) e cun plan económico que non estaba aprobado polas entidades financeiras”.

Adecuada á lei?

O BNG presentou unha denuncia contra o sobrecuste da Autovia Costa da Morte

Será a Xustiza a que xulgue a legalidade da modificación do contrato da Autovía Costa da Morte despois de que o BNG a denunciase. Dende o BNG critican as “falsedades do BNG”. “A reprogramación do proxecto aprobado pola Xunta cumpre coa Lei de Disciplina Presupuestaria”, insistiu.

Así e todo, e despois de que o BNG presentase a denuncia polos supostos máis de 300 millóns de euros de sobrecuste, a Xunta emitía este comunicado:

Nota de prensa da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

A Xunta de Galicia decidiu introducir principios de estabilidade orzamentaria e sustentabilidade financeira no réxime contractual da concesión de obra pública da autovía da Costa da Morte por razóns exclusivas de interese xeral.
O contrato desta infraestrutura prevía a construción e explotación dun total de 42 km de vía, entre Carballo e Berdoias . A introdución dos principios de estabilidade orzamentaria supón a resolución parcial do contrato, para priorizar a construción do tramo I, entre Carballo e Baio e a Variante de Baio. En total construiranse 27 km.
Polo tanto, o voceiro do BNG mentiu cando afirmou esta mañá que se van construír menos da metade dos km inicialmente recollidos no contrato. E é igualmente falso que o contrato da Autovía da Costa da Morte recollese nalgún momento a construción dunha infraestrutura de 60 km.
A actuación prevista pola Xunta en relación coa Autovía da Costa da Morte prevé unha redución dos pagos á concesionaria na mesma proporción en que se reduce o investimento por parte da empresa. Non se producirá sobrecusto algún para a Administración autonómica e reduciranse os pagos á concesionaria.

- O cálculo de custo por km ofrecido polo voceiro do BNG carece de rigor algún: O custo inicial de 9 millóns de euros por km ao que se refire o BNG baséase en dúas cifras erróneas: a dunha infraestrutura de 60 km que nunca figurou en contrato algún; e a do orzamento de 545 millóns contemplado no contrato asinado polo Goberno bipartito, que se demostrou inviable desde o primeiro momento.

O orzamento do actual contrato é de 745 millóns de euros. Logo da introdución dos principios de estabilidade orzamentaria, tal orzamento reducirase en preto de 128 millóns de euros.
Cos 617 millóns do novo orzamento, a Xunta deberá, non só aboar o custo dos 27km do tramo I, senón tamén o dos traballos xa realizados pola empresa concesionaria no tramo II, cuxa execución queda postergada. O BNG actúa sen rigor algún ao imputar ao tramo I o importe dos traballos xa realizados no tramo II para calcular o custo por km. É, por tanto, rotundamente falso que se vaia triplicar o custo por km da Autovía da Costa da Morte.
Tal e como estaba previsto desde o momento da sinatura do contrato, o canon á concesionaria comezará a aboarse despois de que a Autovía entre en servizo. A actuación prevista agora pola Xunta non prevé ningunha indemnización para a empresa concesionaria, nin tampouco adianto algún nos prazos previstos para o inicio do abono do canon.
Polo tanto, as afirmacións do voceiro do BNG en relación con este extremo tamén son falsas.

Novas relacionadas

Outras novas

Artigos relacionados

Fonte

Novas relacionadas

Outras novas

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios