Domingo. 05.05.2024
El tiempo

Que relación ten a trama Gürtel ca Autovía Costa da Morte?

Que relación ten a trama Gürtel ca Autovía Costa da Morte?
Autovia Costa da Morte-Gurtel

“A trama Gürtel non a inventamos nós nin os papeis onde aparece a concesionaria da Costa da Morte”. Así sacaba á voz pública onte no Parlamento Galego a deputada do BNG, Ana Pontón, a relación entre a polémica modificación do contrato da Autovía da Costa da Morte con unha das tramas de corrupción máis importantes de todo o estado.

I é que o Partido Popular rexeitaba onte a Proposición non de lei, presentada polo BNG e apoiada polo resto de partidos, que pedía deixar sen efecto a reformulación do contrato da Autovía, entre outras cousas. Unha decisión que, para o grupo da oposición, mantén a liña de “beneficiar á concesionaria da Costa da Morte”, pero tamén implica que todo o “grupo parlamentario popular pode ser imputado”.

I é que lembraron que “no ano 2008 foi adxudicada a obra para iniciar as obras no 2009, ano no que o Partido popular chega a Xunta e decide resolver ese contrato e indemnizando á empresa para facer unha segunda adxudicación cun sobrecuste de máis de 150 millóns de euros que tras unha grande resposta social se ve obrigado a rescindir para iniciar unha terceira adxudicación que gaña COPASA, empresa citada na Trama Gürtel”, denuncia o BNG.

Unha obra que segundo afirmou o propio Feijóo, custaba 208 millóns, adxudicada, por medio dunha financiación público-privado, por 745 millóns de euros. O caso é que a empresa imcumpriu o contraro, pero agora vai acollerse a unha “disposición adicional” para non ser penalizada. “Disposición adicional que os propios servizos xurídicos da Cámara galega cuestiona nun informe por vulneración da legalidade”, asegura o BNG.

Novas relacionadas

Outras novas

Artigos relacionados

Fonte

Novas relacionadas

Outras novas

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios