Venres. 29.03.2024
El tiempo

O Concello de Zas leva a programación de Nadal aos colexios

O Concello de Zas leva a programación de Nadal aos colexios
O Alcalde de Zas no acto de presentación do programa de Nadal para os colexios Este luns daba comezo nos colexios do Concello de Zas a programación de Nadal posta en marcha pola Concellería de Cultura. Así, o alumnado do CPI de Zas e do CEIP Labarta Pose de Baio cantaron e bailaron cun divertido concerto que correu a cargo de Píscore. Este martes ás actividades do Nadal trasládanse á Axencia de Lectura de Baio, onde ás 18 horas, a compañía Trinke Trinke ofrece un espectáculo de contacontos para todos os nenos e nenas. E xa o mércores, a música volve aos centros educativos do municipio cun espectáculo musical da man de Xoán Curiel (ás 10 horas no CPI de Zas e ás 12:30 horas no CEIP Labarta Pose). A programación cultural continúa o venres, 22 de decembro, na carpa instalada polo Concello de Zas no centro de Baio. Ese mesmo día, ás 21:30 horas, a compañía Os Sete Magníficos Máis Un representará Menú magnífico; unha obra de teatro dirixida a todos os públicos. Ao día seguinte, e dicir, o sábado 23 de Decembro, haberá sesión dobre na carpa. Ás 21:30 horas os membros da compañía de teatro municipal Sen Tempo Teatro subiranse ao escenario para interpretar a obra Unha de romanos e, a continuación, Caxade ofrecerá un concerto de música indie-folk co seu toque reivindicativo e metafórico. Obradoiros Por outra banda, continúa aberto o prazo de inscrición para os obradoiros e xogos de nadal dirixidos a nenos e nenas de entre 5 e 12 anos e que se desenvolverán os días 27, 28 e 29 de Decembro no Centro Sociocultural de Baio e o 2, 3 e 4 de Xaneiro no Centro Sociocultural de Zas. Os e as interesados e interesadas en participar deben anotarse previamente nos teléfonos 981 718 056 e 981 751 398.

Comentarios