Os 100 alumnos das Escolas tradicionais de Adro pechan o curso cunha emotiva clausura
08:09 16/06/17
O vindeiro domingo, terá lugar a partir das seis da tarde no pavillón de Baio a clausura das clases de baile e música tradicional da Asociación Cultural Adro de Baio.
En total son case 100 alumnos e alumnas os que lle dan vida ás nosas escolas de baile tradicional, pandeireta, gaita e percusión.
Farán unha demostración do aprendido ao longo de todo o ano onde se inclúen pezas tradicionais de distintos puntos da comunidade galega.
Ao remate, haberá churrasco e callos gratis para todos os socios e socias da Asociación Cultural Adro.
Fonte
- Adro.