Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Os adultos de Zas tamén botan a ESO

Os adultos de Zas tamén botan a ESO
Participantes no curso de preparacion para o ESO de Zas

Que bo é ver que os adultos non deixan a oportunidade de formarse. Estes son os participantes no curso de "Preparación de graduado en ESO" do Concello de Zas, convocatoria de xuño, que recolleron de man do alcalde os certificados escolares.

Os 25 alumnos levan en clase dende decembro e foi o 90% o que conseguíu o ansiado e necesario graduado. Así que dado os bos resultados obtidos, dende o Concello seguirán preparando a todas as persoas que estean interesadas en participar. Xa está aberto o prazo para inscribirse no grupo que preparará a convocatoria de setembro.

Cómpre lembrar que no IES Fernando Blanco de Cee dan a ESO de adultos.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da Axente de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello de Zas.

Comentarios