Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Carballo rompe o silencio contra as Violencias

Concentracion en Carballo polo 25N-Foto-RebelionAluminio 1
Concentracion en Carballo polo 25N-Foto-RebelionAluminio
Carballo rompe o silencio contra as Violencias

Xa está ben de tanto silencio e tanto agochar a cabeza ante o feminicidio. O Círculo Feminista de Carballo decidía convocar un minuto de ruído para conmemorar o Día Internacional contra a Violencia de Xénero este pasado sábado.

Acodeu moita xente, de diversa índole, e as bravas protagonistas pintaron a cara de branco, e destacaron varias arengas significativas. Fíxose mención a varios casos concretos, como ás rapazas agredidas hai unhas semanas en Carballo polo simpe feito de darse un bico, ou ao caso da menor de 14 anos violada entre 7 salvaxes. Tamén lembraron ás crianzas asasinadas por parte de seus pais ou parellas das nais. E tamén fixeron fincapé na diferenza de difusión de noticias sobre violencia de xénero cando se trata de mulleres brancas a cando non o son.

Ademais de reclamaron a necesidade urxente de modificar a xustiza en ámbitos coma no da custodia compartida cando o pai sexa maltratador.

Concentracion en Carballo polo 25N-Foto-RebelionAluminio 4Concentracion en Carballo polo 25N-Foto-RebelionAluminio 6
Fotos: RebelionAluminio

Este é o vídeo do manifesto que gravou @Rebelióndoaluminio, grupo carballés comprometido con loitas sociais como as de Alcoa ou a feminista.

Concentracion en Carballo polo 25N-Foto-RebelionAluminio 5Concentracion en Carballo polo 25N-Foto-RebelionAluminio
Fotos: RebelioAluminio

Carballo Deporte en negro

Baloncesto, fútbol, atletismo, balonmán... todo o Deporte Carballés tinguise de negro para conmemorar a data.

carballo deporte en negro

25N en Cee, Carnota, Malpica, Vimianzo…

Os actos continuarán este luns 25 de novembro en diferentes lugares. En Carballo o Concello chama á concentración ´s 12.00 horas na Praza do Concello.

Tamén en Cee, onde o Concello convoca unha concentración matinal, ás 12:00h na Casa de Cultura coa comunidade escolar, e a Organización feminista Buserana convoca unha concentración o lema "Se é machista, non é xustiza” ás 20:30h na Praza 8 de marzo.

Tamén en Carnota hai actividades, primeiramente nas escolas, pero tamén co obradoiro “Elas Muralistas, e ca concentración das 20:00h que convoca a Asociación SonLilá.

Vimianzo, despois da batukada ds Curandeiras, fará tamén unha concentración convocada polo Concello ás 12:00h, Está previsto formar un “xigantesco lazo de cor violeta rodeado dun cadrado de cor negra”.

O Concello de Malpica programa para este 25N unha concentración ás 12:00 horas na praza Anselmo Villar Amigo.

Novas relacionadas

Comentarios