A praza nova de Baio xa ten nome: Praza Jorge Mira

O Concello de Zas ao unísono, cos votos de BNG e PP, aprobaron esta semana o nome que terá a nova praza de Baio: “Praza Jorge Mira Pérez”. Así se farla´oficial na próxima sesión plenaria.
Pouca presentación necesita o científico e divulgador, nado en Baio en 1968. É membro da Real Academia Galega e ten unha gran infinidade de destacados premios, ademais de ser Catedrático en electromagnetimo na Facultade de Física da Universidade de Santiago de Compostela.
Segundo indican Óscar Lema, portavoz do BNG; e David Gómez, portavoz do PP; "a elección do nome está motivado polas cualidades humanas e polo exitoso currículo de Jorge Mira que, ademais de ser veciño de Baio, sempre presume da súa vila do seu concello nos múltiples actos institucionais nos que participa".