Venres. 03.05.2024
El tiempo

O profesorado do IES exporta experiencia sobre o impacto positivo da IA na diversidade

Oscar Rey Calo Charla Diversidade IA
Fina Paulos Lareo e Óscar Manuel Rey Calo na súa ponencia
O profesorado do IES exporta experiencia sobre o impacto positivo da IA na diversidade

Xa os temos visto recollendo premios, pero Fina Paulos Lareo e Óscar Manuel Rey Calo continúan espallando a cara boa da Intelixencia Artificial. Os dous mestres de ensino secundario do IES Maximino Romero de Lema de Baio, acudiron como poñentes ás “III Xornadas de atención á diversidade” organizadas pola CIG-Ensino e a Asociación Socio-Pedagóxico Galega (AS-PG), que tiveron lugar na cidade Lugo este pasado sábado 20 de xaneiro.

Falaron do "Impacto positivo da IA na diversidade".  A conferencia centrouse en como ferramentas de Intelixencia Artificial tan coñecidas como ChatGPT, Google Bard ou Bing, poden axudar ao profesorado e alumnado na aula e como a Intelixencia Artificial pode mellorar o proceso de ensinanza-aprendizaxe en alumnado con TEA, TDAH, discalculia ou dislexia, trastornos da fala e da linguaxe ou con deficiencias sensoriais, entre outras diversidades.

Outro dos aspectos que se tratou foi como o aprendizaxe automático ou Machine Learning incide positivamente na clase, permitindo crear actividades útiles para a atención á diversidade. Así mesmo, exploráronse espazos como a creación de asistentes virtuais ou chatbots e ferramentas IA para o profesorado, incorporando a estes os distintos protocolos sobre diversidade que ten publicados a Consellería de Educación.

Máis ponencias

Os dous profesores participarán tamén no “7º Congreso Mundial de Educación Educa 2024” organizado por EDUCA e a Universidade de A Coruña, que terá lugar na Coruña o vindeiro mes de febreiro.
Tamén acudirán aos “Encontros de profesorado de educación secundaria” que terá lugar o vindeiro mes de maio en Santiago para falar sobre a “Intelixencia Artificial en Galicia” co obxecto de seguir divulgando e compartindo coñecemento educativo nesta materia entre o colectivo e persoas interesadas.

Máis novas

Comentarios