Sábado. 05.10.2024
El tiempo

Labarta Pose espállase polos coles da Coruña pedindo ser homenaxeado polo Día das Letras Galegas

exposicion-enrique-larta-pose-cpr-plurilingue-fogar-santa-margarida-acoruna
Baixo a atenta mirada dunha pequena parte do alumnado, o Alcalde do Concello de Zas, Manuel Muíño Espasandín; o director pedagóxico do centro, Raúl Díaz Carballeira; e os padriños da exposición, Ana Belén Souto Brenlla e Xulián Barros Reimúndez; inauguraron a mostra que está composta por oito paneis informativos sobre o escritor baiés.
Labarta Pose espállase polos coles da Coruña pedindo ser homenaxeado polo Día das Letras Galegas

Continúa espallando, xa pola provincia, o Concello de Zas e a Deputación, a figura de Labarta Pose. Dende onte e ata o vindeiro 18 de febreiro uns 800 alumnos e alumnas do CPR Plurilingüe Fogar de Santa Margarida da Coruña visitarán a exposición itinerante sobre a vida e obra do escritor Enrique Labarta Pose que quedou instalada esta mañá na biblioteca Agustín Fernández Paz do propio centro educativo.

Esta é a primeira vez que a mostra sae do Concello de Zas, todo un orgullo para o pobo, no marco dunha estratexia para conseguir a concesión do Día das Letras Galegas ao escritor baiés, como leva loitando a Comisión durante 20 anos.

Artigo relacionado

Novas relacionadas

Comentarios