Martes. 15.10.2024
El tiempo

Un roteiro para seguir pedindo o Día das Letras Galegas para Labarta Pose

Labarta-Pose
Un roteiro para seguir pedindo o Día das Letras Galegas para Labarta Pose

Segue o Concello de Zas artellando iniciativas para visibilizar a figura de Labarta Pose, e conseguir de paso a sía adicación deste vindeiro Día das Letras Galegas.

Desta volta, o Concello vén de deseñar un roteiro literario que discorre pola Costa da Morte e que deixou reflexado o escritor baiés na súa obra. O percorrido transcorre por diferentes concellos da zona entre os que están o de Zas, Vimianzo, Camariñas, Cabana de Bergantiños, Corcubión, Carballo e Muxía. Igrexas, pedras máxicas, pontes antigas, diverso patrimonio etnográfico, pasos, faros e praias son algúns dos escenarios que conforman a ruta literaria de Enrique Labarta Pose.

O roteiro presentarase nun acto que terá lugar o vindeiro 12 de marzo no Centro Sociocultural de Baio e no que intervirán o presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes; a presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez; Jorge Mira, presidente da Comisión Enrique Labarta Pose; Ricardo García Mira, presidente do Instituto de Estudos e Investigación Psicosocial “Xoán Vicente Viqueira” e membro da comisión; e Manuel Muíño Espasandín, alcalde do Concello de Zas.
Este itinerario formará parte dos “Roteiros da Cultura Galega”, un dos proxectos máis destacados do Consello da Cultura Galega, que ten como finalidade a difusión tanto dos recursos culturais como naturais da nosa comunidade utilizando a vida e obra das nosas escritoras e escritoras. Actualmente hai un total de 30 roteiros e 16 guías entre as cales atopamos autores como Castelao, Rosalía de Castro, Eduardo Pondal, Álvaro Cunqueiro, Antonio Fraguas, Manuel Curros Enríquez, Ramón Otero Pedrayo, etc.

Artigo relacionado

Novas relacionadas

Comentarios