Sábado. 12.10.2024
El tiempo

A reforma da ponte do Allo implicará a súa demolición

Ponte do allo zas
A reforma da ponte do Allo implicará a súa demolición

O Plan Único da Deputación permitirá acometer a renovación da ponte do Allo, en Zas. Unha obra que conta cun orzamento de 128.000 euros e que provocará a demolición da ponte existente para a execución dunha nova de 8,7 metros de ancho

A ponte permitirá que o transporte pesado (vehículos articulados, camións, furgóns) poida ter mellor acceso ao polígono do Allo.

Durante a obra as vigas prefabricadas sosterán un taboleiro de 8,7 metros de ancho para crear dous carrís de circulación de vehículos e unha franxa peonil de 1,5 metros, separadas por unhas aletas. Ademais, ensancharase a calzada que conecta a ponte para adaptar o trazado ao novo ancho, repoñerase o firme nas súas proximidades e continuarase coa rede de pluviais existente. Por último, instalaranse pretís, biondas e topes para garantir a seguridade de vehículos e persoas.

Comentarios