Venres. 26.04.2024
El tiempo

A Semana Cultural encherá Zas na previa da Carballeira

Semana Cultural Zas 2022
A Semana Cultural encherá Zas na previa da Carballeira

Un ano máis, o Concello de Zas vén de dar a coñecer as actividades incluídas na Semana Cultural que organiza o Departamento de Cultura ao redor da Festa da Carballeira.

Así dende o próximo domingo, 7 de agosto, e ata o sábado 13, en Zas haberá actividades para todos os púlbicos: exposicións, obradoiros, teatro, roteiros, monólogos e música de alto nivel.

Ao longo de toda a semana, o Centro Sociocultural de Zas acollerá dúas exposicións. Unha sobre cos distintos traballos de cesteiría, manualidades e bordado realizado ao longo de todo ano polo alumnado dos cursos municipais. E a outra será unha exposición fotográfica con imaxes antigas do Concello de Zas do arquivo fotográfico de Gonzalo Romero Osende e cedidas pola familia Romero Mengotti.

Outro dos pratos fortes da Semana Cultural 2022 son os obradoiros. Para os máis novos haberá talleres sobre a robótica educativa; pedras de papel, artesanía e patrimonio; e ciencia e nutrición. Mentras que para o público adulto haberá toda a semana un Obradoiro de percusión tradicional impartido pola Asociación de Baile Tradicional Churía e un Obradoiro de deseño de álbums de fotos coa técnica ScrapBooking.

Máis actividades

Estas son outras das actividades que realizaremos durante a Semana Cultural:

• Domingo, 7 de agosto ás 20:00 horas: Teatro. A Escola Municipal de Teatro Infantil do Concello de Zas preséntanos no Auditorio do Concello dous dos seus traballos: “Por fin libre” e “A fuga de Acapulco”

• Luns, 8 de agosto ás 18:30 horas no Auditorio do Concello: Proxección do documental “Brandomil vila romana a carón do Xallas” da Fundación Brandomil. E a continuación, presentación do libro “Brandomil na historia, un Couto de mulleres”, tamén da Fundación Brandomil

• Luns, 8 de agosto, ás 21:00 horas: Concerto con Suso Vaamonde e Xosé Lois Romero no campo do río, ao carón da entrada da Carballeira

• Martes, 9 de agosto, ás 20:00 horas. Presentación do libro “El Defensor” de Manuel Romero Mengotti

• Martes, 9 de agosto, ás 21:00 horas no Auditorio do Concello. Teatro con Culturactiva Producións que nos presenta “As alumnas”

• Mércores, 10 de agosto, ás 21:30 horas: Monólogo “Outra Movida” de Oswaldo Digón no Centro Sociocultural de Zas

• Xoves, 11 de agosto, ás 12:00 horas: Visita ao patrimonio arqueolóxico do lugar de Brandomil

• Xoves, 11 de agosto, ás 20:00 horas: Presentación do libro “Os mundos de agora” de Lois Oreiro

• Xoves, 11 de agosto, ás 21:30 horas, Representación da obra “Atranca. Sucursal 21” do grupo Sen Tempo Teatro (da Escola Municipal de Teatro para Adultos do Concello de Zas) no Audiltorio do Concello

• Venres, 12 de agosto ás 16:30 horas: Concerto infantil con Xoán Curiel

programa-Semana-Cultural-2022 1

programa-Semana-Cultural-2022 2
programa-Semana-Cultural-2022 2

programa-Semana-Cultural-2022 3

Festa da Carballeira

A Semana Cultural pecha cun dos eventos de maior identidade do municipio: a Festa da Carballeira que este ano celebra a súa 37ª edición.

Como vén sendo habitual nos últimos anos, o Concello de Zas pon a disposición de cada vivenda con familias empadroadas no noso municipio dúas entradas para acceder de forma gratuíta a todas as actividades programadas para o sábado. As entradas pódense retirar ata o venres, día 13 ás 14:00 horas, no Rexistro do Concello de Zas.

Ademais todas as persoas menores de 14 anos e maiores de 60 non pagan entrada calquera dos dous días do festival.

Comentarios