mércores. 30.04.2025
El tiempo

Roi da Costa volverá guiar a Festa da Carballeira

Roi da Costa na Gala do Futbol da Costa
Roi da Costa na Gala do Fútbol da Costa. Foto- Adán
Roi da Costa volverá guiar a Festa da Carballeira

Xa case con contrato vitalicio, o gran Roi da Costa volverá presentar a 39º edición da Festa da Carballeira de Zas. O humorista e actor (e de doblaxe), natural de Cundíns, volverá por terceiro ano ser o guía da festa folk. Volve ademais tras estrear a súa paternidade e mentres triunfa no eido laboral, cos seus espectáculos de humor vinculados ao deportivismo (ImproDépor e DéporLocura), ou coa súa participación en series de Netflix como O Caso Asunta e Animal Salvaxe, ou no mesmo Luar.

Será o que nos arrinque unhas risas entre concerto e concerto nas noites dos 9 e 10 de agosto. Presentará a todas as bandas que subirán ao escenario, dende os alemáns The O`Reilys & Paddyhats; ata os artistas galegos Javier Maneiro, De Ninghures, Mondra, e Guadi Galego, entre outros.

”Xa foron un cúmulo de emocións, este ano aínda o vai ser máis, pois vaime acompañar unha persoa moi especial, o meu fillo. Para min é unha honra que vexa todo o traballo que a xente da súa comarca fai. E, aínda que este ano non se dará conta de que seu pai está sobre o escenario, para min será inesquecible”, conta o humorista, que levará ao seu fillo a empaparse da Carballeira de Zas, onde seus pais foron moi felices, e onde agarda que “o meu fillo o sexa moi pronto tamén”.

Roi da Costa na Festa da Carballeira de Zas 2022
Roi da Costa na Festa da Carballeira de Zas 2022

Entradas

As entradas xa están a venda en internet no seguinte enlace ata o próximo 9 de agosto as 21h entradas.ticketrona.com, cun custe de 18€ + gastos de xestión o bono para os dous días, e a 10€ + gastos de xestión o bono individual para calquera dos dous días. A partires dese momento, poderás comprar as entradas en taquilla o mesmo días con prezos de 20€ o bono de dous días e 12€ o bono individual.

Máis novas

Comentarios