Luns. 28.09.2020
El tiempo

A Universidade Sénior volve á Costa da Morte

Presentación da UDC Sénior da Costa da Morte en Zas
Presentación da UDC Sénior da Costa da Morte en Zas
A Universidade Sénior volve á Costa da Morte

Por terceiro ano, a Universidade da Coruña quere seguir espallando e democratizando coñecemento polo rural galego e para xentes de avanzada idade. O seu Programa Universitario para Maiores de 50 anos volve aterrar en Zas,. Tiña onte a presentación oficial dun novo curso de formación, que se desenvolverá entre marzo e maio deste 2020.

O programa formativo consta de tres módulos, enfocados á revalorización do patrimonio cultural, social e ambiental da zona, a concienciación sobre a presenza da ciencia no día a día, e o recoñecemento do valor das disciplinas artísticas a través do coñecemento e as vivencias.

Presentacion da UDC Costa da Morte en Zas 2
 A Vicerreitora de Planificación Académica e Innovación Docente da Universidade da Coruña, Nancy Vázquez Veiga, o Alcalde de Zas e Presidente do GDR “Costa da Morte”, Manuel Muíño Espasandín; e Matilde García Sánchez, Directora da Universidade Sénior, asistiron á presentación

O primeiro módulo, sobre Patrimonio Social e Cultural, arrincará o mércores 25 de marzo e terá 6 sesións ata a visita cultural do venres 17 de abril.

O sgeundo módulo, sobre Medio Ambiente e Sustentabilidade, comeza o 15 de abril e remata tamén cunha saída o venres 25.

O terceiro módulo, de Saúde e Calidade de vida, vai do 29 de abril ao 8 de maio.

Inscrición

A inscrición, que será gratuíta, poderá realizarse de xeito on-line a través do espazo web UDC Sénior Costa da Morte (udcseniorcostadamorte.wordpress.com) ou presencial a través dos ADL de cada Concello do GDR “Costa da Morte”, dende o 5 ata o 20 de marzo.

Novas relacionadas

comentarios