Martes. 19.03.2024
El tiempo

Este xoves, a concelleira zaseira na Coruña, Mónica Martínez, nos #DirectosQPC

Monica Martinez nas Galas de QPC
Monica Martínez nunha das Galas de QPC
Este xoves, a concelleira zaseira na Coruña, Mónica Martínez, nos #DirectosQPC

Volven os #DirectosQPC, e fano este xoves 17 de setembro con Mónica Martínez. Estaremos en directo a partir das 21:00h a través da páxina de Facebook de Que pasa na Costa.

A zaseira convertiuse o pasado mes en Concelleira de Deportes do Concello da Coruña, todo un fito para unha muller que apenas leva ano e medio en política. Xornalista de profesión, foi a cara visible dos deportes da TVG durante moitos anos. Tras unha longa experiencia nunha empresa do sector audiovisual, sorprendía presentándose como candidata á alcaldía por Ciudadanos nas pasadas eleccións municipais de 2019, e tras un ano convulso no seu partido, decidía saírse ao grupo mixto e era “fichada” pola alcaldesa Inés Rey para o seu equipo de goberno.

A primeira decisión que tomou foi fichar a Alfonso Hermida, outra das caras máis coñecidas do deporte galego, que será o Director da Área de Deportes.

Ademais de política, falaremos con ela de moitas outras cousas. Da súa eterna vinculación costeira, por suposto, da súa devoción pola comunicación, e tamén exemplo daquelas experiencias na Costa presentando a Gala do primeiro Álbum de Cromos con David Vidal, ou a Gala entrevistando a Augusto César Lendoiro.

Comentarios