Martes. 07.05.2024
El tiempo

Zas escolle as 5 finalistas da VI Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose

As representacións serán os días 15, 22 e 29 de abril e 6 e 13 de maio repartidas entre os Auditorios de Zas e de Baio

  •  
a-lola-jpg
A Lola de Avelaíña Teatro abrirá a Mostra
Zas escolle as 5 finalistas da VI Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose

O xurado da VI Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose - formado por membros do Concello de Zas e do Grupo de Teatro Badius - vén de dar a coñecer as cinco obras finalistas do certame que arranca o sábado 15 de abril. En total foron case 30 as obras que se presentaron e que chegaron dende compañías e grupos de teatro de toda a comunidade galega.

Estas son as cinco obras finalistas:
• “A Lola”, de Avelaíña Teatro. 15 de abril no Auditorio Municipal de Baio
• “Arte”, de Hipócrita Teatro. 22 de abril no Auditorio do Concello de Zas
• “Vacacións”, de A Tequerreté Teatro. 29 de abril no Auditorio Municipal de Baio
• “Os veciños do lado”, de Fauna 113. 6 de maio no Auditorio do Concello de Zas
• “A pena do cú do mundo”, de Carrachanacacha, no Auditorio Municipal de Baio

As funcións serán comezan sempre ás 21:00 horas e a entrada é de balde. O 20 de maio á tarde, o Auditorio Municipal de Zas acollerá o acto de clausura da Escola de Teatro do Concello de Zas e a entrega de premios da VI Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose.
Este é un certame organizado polo Concello de Zas, a través do seu departamento de Cultura, no que se reparten 3.500 euros en premios co fin de fomentar o teatro amateur feito en galego.

Comentarios