Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Zas marchou contra a violencia de xénero

25N en Zas
Zas marchou contra a violencia de xénero

Os centros educativos de Zas foron protagonistas da Marcha Contra A Violencia de Xénero que realizou o Concello de Zas. Dende a praza do Concello fixeron unha ruta circular unhas 150 persoas vestidas de negro, levando a loita polas rúas da vila.

Xa de volta, os participantes concentráronse diante da Casa do Concello onde, ao mesmo tempo que noutros 125 concellos galegos, se liu a Declaración Institucional polo 25N e conmemorar así o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres. Tras a lectura da Declaración, foi o alumando quen tomou a palabra para pedir o fin da violencia de xénero coa lectura de distintos manifestos. Tamén quixeron plasmar as súas mans con pintura morada nunha enorme pancarta co lema “Contra As Violencias, educación”.

Próximas actividades

Ao longo desta semana continúan as actividades ao redor desta campaña que se concentrarán nos centros educativos do noso municipio. A seguinte actividade será mañá, martes, 26 de novembro, da man da compañía “Teatro Inconformista” que representará ás 12:45 horas o seu espectáculo “Chola It a Girl” dirixido ao alumnado do IES Maximino Romero de Lema. O mércores, 27 de novembro, realizaremos cos alumnos e alumnas de educación primaria o obradoiro de xogos e máscaras “Eu son cabaleiro, princesa ou dragón?”. Esta actividade realizarase entre as 09:30 e as 11:00 horas no CEIP Labarta Pose mentras que no CPI de Zas haberá dúas quendas (unha de 12:45 a 14:00 horas e outra de 12:20 a 15:55 horas).

Novas relacionadas

Comentarios