Zas ofrece 4 andainas para coñecer o propio Concello

07:14 11/06/24
Este verán o Concello de Zas volve realizar unha das actividades que máis gustan: as andainas. Serán 4 citas para de fomentar o deporte e dar a coñecer e poñer en valor a riqueza natural e cultural.
Serán sempre os sábados pola mañá e teñen unha distancia aproximada de 12 kilómetros. Estas son as datas e os diferentes percorridos:
- 29 de xuño: Carballeira de Baio - Pedra Vixía. A saída realizarase ás 09:30 horas dende a Praza Jorge Mira Pérez. Esta é unha ruta de dificultade baixa
- 13 de xullo: Terras altas de Zas; dende Pico de Meda ata San Roque do Monte. O punto de encontro é as 09:30 horas na Praza do Concello. Esta ruta é de dificultade media
- 20 de xullo: Brandomil Romano e Vía Mariana. O punto de encontro desta ruta de dificultade baixa será ás 09:30 horas na Ponte de Brandomil
- 3 de agosto: Andaina das Carballeiras. O punto de encontro é ás 09:30 horas na Praza do Concello. A dificultade desta ruta é baixa
Inscricións
Todas aquelas persoas interesadas en facer unha ou varias andainas deberán anotarse previamente no 981 751 398 ou no 981 718 056. Esta é unha actividade gratuíta.