Xoves. 18.04.2024
El tiempo

O “Zas polo miúdo” de Evaristo Domínguez e Xosé Mª Lema, tamén en exposición

Cartel_ZaspoloMiúdo copia
O “Zas polo miúdo” de Evaristo Domínguez e Xosé Mª Lema, tamén en exposición

Comezaron na rede, continuaron no papel, e agora lanzan unha exposición. Así vai o percorrido do proxecto Zas polo miúdo, desenvolto por Evaristo Domínguez e Xosé Mª Lema co apoio do Concello. Este sábado terá lugar a inauguración da mostra que estará aberta nas Torres do Allo. Será un percorrido a través dunha escolma fotográfica, recollida en sete paneis, nos que se reflícte a riqueza patrimonial e cultural do concello.

Horario

A exposición poderá visitarse ata o 15 de setembro nos seguintes horarios:

  • Semana Santa, dende o luns 29 de marzo ata o 4 de abril, de 11:00 a 20:00;
  • Dende o 10 abril ata o 14 de xuño, sábados, domingos e festivos, de 11:00 a 19:00;
  • Dende o15 de xuño ata o 15 de setembro, de luns a venres de 11:00 a 20:00 e sábados e domingos de 11:00 a 21:00.

A entrada é libre e de balde. É obrigatorio o uso de máscara. Aforo limitado.

Novas relacionadas

Comentarios