Venres. 29.03.2024
El tiempo

Zas inviste 730.000 euros neste semestre para a mellora de infraestruturas

area-estacionamento-tanatorio-zas2
Así quedou a área de estacionamento do tanatorio de Zas
Zas inviste 730.000 euros neste semestre para a mellora de infraestruturas

Tempo de obras en Zas este ano. A urbanización da praza de Baio ou o sanemanento da Cacharoza son algunhas das que están en marcha, mentres outras, como as de acondicionamento da área de estacionamento do tanatorio municipal e do campo de fútbol de Zas, xa están listas.

Son en total máis de 730.000€ os que o Concello está investindo dende o mes de xuño en actuacións que se realizaron nos últimos meses así como as que están en fase de execución:
    •    Aglomerado en Meanos: 67.856,80€
    •    Urbanización do novo campo da feira de Baio: 314.988,72€
    •    Melloras nas estradas municipais de Fornelos, O Couto, As Pedrisqueiras, Teixidón en San Roque: 54.371,20€
    •    Acondicionamento das áreas de estacionamento e de acceso ao campo municipal de fútbol e ao tanatorio de Zas: 92.498,96€
    •    Ampliación do ancho das estradas municipais de A Churía, A Vicenta e Sobreira: 64.630,59€
    •    Renovación das beirrarúas e da rede de saneamento na avenida da Cacharosa (Baio): 117.899,34€
    •    Mellora da eficiencia enerxética no alumeado público e renovación de cadros eléctricos: 6.314,03€
    •    Reitrada e xestión de lodos: 6.287,16€
    •    Asistencia técnica: 7.260,00€

Lembran ademais que o Concello de Zas executará as obras de ampliación da Escola Infantil de Zas grazas as cales se ofertarán dez novas prazas para nenas e nenos de 0 a 3 anos.

Comentarios