![nacementos defuncions costa da morte]()
No ano 2015 houbo 755 nacementos na Costa da Morte e 1603 defuncións
A Costa da Morte é unha comarca envellecida onde cada vez hai menos nacementos e cada vez máis defuncións. Ainda que este contexto é extensible ao conxunto do nivel español, os datos da zona son, cando menos, alarmantes.
Segundo os datos do IGE - Instituto Galego de Estatística -
durante o 2015 naceron na bisbarra un total de 755 nenos e nenas. Unha cifra que dista moito dos 2463 nacementos que se rexistraron no ano 1975; concretamente un 75% menos. Pola contra, as defuncións aumentaron. Así, no 1975 faleceron no conxunto da Costa da Morte un total de 1360 persoas e
no 2015 houbo 1603 defuncións (un 16% máis).
![saldo vexatativo costa da morte 2015]()
saldo vexatativo costa da morte 2015
A resta dos nacementos menos as defuncións dá no ano 2015 un
crecemento vexetativo negativo de menos 848 persoas. Unha cifra que contrasta co cremento vexetativo do 1975 no que a diferenza era de 1103 persoas máis. O concello da Costa da Morte que rexistrou no 2015 o saldo vexetativo negativo máis alto foi o de
Vimianzo, cun -90 que é o resultado dos 32 nacementos menos as 122 defuncións. No lado oposto están os concellos de Laxe e Corcubión, onde en calquera dos casos o saldo vexativo foi de -13.
Os nacementos por municipios
En calquera dos anos analizados,
Carballo é o municipio da Costa da Morte co maior número de nacementos (450 no ano 1975 fronte a 277 o ano pasado). E, na súa contra, está
Corcubión como o concello no que houbo menos nacementos (35 recén nados no 1975 e 8 no 2015).
Destaca o caso de Cabana de Bergantiños, onde o ano pasado houbo 14 nacementos frente aos 134 do ano 1975. Desta situación xurdiron inciativas promovidas polos propios concellos co fin de aumentar o número de nacementos. Unha delas é de Vimianzo onde o concello destinou unha partida do seu orzamento ás
axudas por nacemento, adopción o acollemento de fillos.
Varios expertos en demografía coinciden en sinalar as causas da caída dos nacementos. Sinalan que o número de mulleres en idade de ser nais segue baixando debido a varias razóns. En primeiro lugar, porque este grupo de idade está formado por xeracións menos numerosas que pertencen á crise da natalidade que se rexistrou entre finais dos anos 80 ata a metade dos 90. A crise económica é outra das razóns ás que se lle achaga a baixada de nacementos.
Defuncións
No caso das defuncións, Carballo volve a ser o municipio onde se rexistra unha maior tasa (305 falecidos o ano pasado) e Corcubión o que menos (21). Son curiosos os datos que se desprenden do concello de
Dumbría, onde o número de defunións (45) coincide tanto no ano 1975 como no 2015.
Este incremento das defuncións débese a que a poboación tanto na Costa da Morte como no resto do estado está envellecida, onde
os maiores de 85 anos supera á poboación infantil. Esa poboación envellecida é a que está falecendo agora.
Novas relacionadas
Estudos relacionados
Máis novas
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- IGE