xoves. 01.05.2025
El tiempo

As Selección Española Junior xogarase a clasificación para o Europeo de Balonmán en Carballo

As Selección Española Junior xogarase a clasificación para o Europeo de Balonmán en Carballo
as-guerreras-junior-estaran-en-carballo As Guerreras Junior estarán en Carballo

Carballo vén de ser escollida como sede pola EHF Euro Handball Federation e a RFEBM Real Federación Española de Balonmano para albergar a fase clasificatoria para o Campionato de Europa de Balonmán. O Pavillón Municipal da Zona Escolar de Carballo acollerá a fase de clasificación os vindeiros días 17, 18 e 19 de marzo, co que poderemos disfrutar na nosa vila de 6 partidos internacionais dun altísimo nivel deportivo, con catro grandes seleccións.

Entre elas, como non, a Selección Española Júnior Feminina (Sub 19), as coñecidas como as “Guerreras Júnior”, que terán uns complicados rivais para acadar o obxectivo de estar entre as mellores escadras continentais. España quedou encadrada no Grupo 2, e deberá loitar, nunha fase a 4, con Rumanía, Lituania e Islandia para tentar acadar a clasificación para a fase final do Campionato de Europa que se disputará en Eslovenia no verán de 2017.

O Calendario:

17/03/2017 Lithuania VS Iceland 17/03/2017 Romania VS Spain 18/03/2017 Romania VS Lithuania 18/03/2017 Spain VS Iceland 19/03/2017 Iceland VS Romania 19/03/2017 Spain VS Lithuania

Na fase final do Europeo participarán 16 equipos dos que 2 deles sairán da fase que se disputa en Carballo. No anterior Campionato de Europa, disputado no ano 2015, as “Guerreras Júnior” remataron na oitava posición final.

Fonte

  • Xiria.

Comentarios