xoves. 01.05.2025
El tiempo

Balonmán: Camariñas, Carballo e Santa Comba, pendentes do Bm.

Balonmán: Camariñas, Carballo e Santa Comba, pendentes do Bm.
Choque do BM Xallas en Fontenla Choque do BM Xallas en Fontenla Pendentes xa do Campionato Handball que invade Carballo por Semana Santa, o balonmán costeiro tivo citas en Carballo, Camariñas e Santa Comba. Por Carballo segue a pelexa tremendamente viva polo título e o ascenso. Por Camariñas rematou unha excepcional temporada regular, de novo con vitoria, e toca esperar 3 semanas á Fase de Ascenso. E por Santa Comba houbo xornada doble, con dúas derrotas.  

1ª Estatal Masculina, x. 27

  • Resultado: Granitos Ibéricos - Calvo Xiria (20-24)
  • CALVO XIRIA 24 (10+14): Santiago Gómez [p], Martín Gómez [p], Brais Puñal (3), Pablo Iglesias (2), Uxío Batán (1), Sergio Facal, Gonzalo Pombo (3), Alejandro Calvete (1), Javier Rodríguez (3), Julián López (3), Hugo Rodríguez (3), Martín Alfeirán (5), Jorge Bouzas (2), Manuel Méndez (3), Miguel Suárez-Pumariega (3), Juan Carlos Rodríguez.
Non fallou o Calvo Xiria na primeira das 5 finais que ten por diante. Nun choque con poucos goles, os carballeses conseguían vencer e manter as distancias sobre Bm. Porriño e Bm. Lalín. Os dous conxuntos non cedían e a loita entre os tres prevese enorme de aquí ao final na pelexa polo título e polo ascenso.  

1ª Autonómica masculina, x.22

  • Resultado: Bm. Camariñas – Seis do Nadal (37-26)
  • Bm. Camariñas: Víctor (p); Cristian (p), Alan (1), Fari (11), Fabián (5), Eusebio (12), Chechu (1), Moncho, Fabio, Catalán, Héctor, Fran (2), Antelo (2), e Diego (3).
Última xornada, onde se enfrontaban o primeiro e o segundo e Boya e Seis do Nadal. Os de Camariñas xa co título nas súas mans e os de Vigo loitando pola segunda praza con o Culleredo, que ao perder en casa co Ribeiro, xa non puido optar ás posibilidades de acceder ao segundo posto que lle puidese dar dereito á praza da fase de ascenso. O partido foi nivelado ata o descanso, e xa no segundo periodo, os conserveros impuxeron o seu ritmo, para facerse cun partido que en principio se presentaba moi complicado. Agora queda esperar que sé e datas para a fase de ascenso a 1ª División Nacional, que haberá que preparar a conciencia, pois polo menos haberá un descanso de 3 semanas. E non se pode perder ritmo de competición. Este ano o Camariñas xogou unha liga diferente ao resto, xa que lle sacou 10 puntos ao segundo, perdendo un só partido, neste caso contra o terceiro e por soamente 1 gol. Unha diferenza entre goles marcados e recibidos de 200 goles, sendo o equipo menos goleado, con moita diferenza e o segundo máximo goleador. Da categoría baixan Pontedeume e Tui. Promociona Ártabro, aínda que dependendo dos ascensos e descensos de 1ª Nacional puidesen verse afectados S.A.R. e Poio.  

2ª Autonómica masculina, Gr. 2, xornada 20

  • Resultado: Bm Xallas - Granitos Ibéricos Carballal (24-34).
Choque do BM Xallas en Fontenla 3 O principio do partido o equipo da casa facíase co partido chegando a ir 9-5 no marcador pero a obriga de reservar xogadores de cara ó partido aprazado que se xogaba o domingo contra o Bueu fixo que probasen distintas tácticas. O encontro non foi de carácter moi agresivo e os colexiados só vían faltas verdes. Chegaron a ser 5 xogadores contra 7 en unha ocasión e aí o equipo do Carballal aumentaba distancias. Non foi o mellor partido defensivamente dos xalleiros, pero conseguiron manter o empate ao descanso, e só a gran actuación do porteiro rival impediu que os locais sacasen un mellor resultado.

2ª Autonómica masculina. Gr. 2, partido aprazado

  • Resultado: Bueu At. - Bm Xallas (42-21)
Duro foi o desprazamendo dominical a Bueu para competir contra o líder, que ademais necesitaban a vitoria para asegurar o ascenso. Os xalleiros empezaron marcando pero os contraataques do Bueu facían que o marcador cambiara rapidamente de color. A falta de porteiro do Xallas e a baixa de Raúl en ataque pasaban factura pero desta vez non se viñeron abaixo os verdes e seguiron loitando ata o final. O choque rematou con champán na festa do ascenso do cadro local.

Máis información

Novas relacionadas

Crónicas deste curso

Outras novas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).

Comentarios