xoves. 01.05.2025
El tiempo

Balonmán: Hai canteira

Balonmán: Hai canteira
Infantis do Bm Camarinas en Cangas As Infantis do Bm. Camariñas participaron na fase final do campionato Galego en Cangas

Volvía o balonmán á plena competición tralo parón de Semana Santa. E facíao coa primeira das tres finais que o Calvo Xiria ten que superar para alzarse co título da 1ª División Estatal. Os carballeses superaron a primeira proba e están a dous partidos do soñado título.

Mentres o BM. Camariñas segue de parón esperando polo calendario da fase de ascenso a 1ª División Nacional, o BM. Xallas comproubou en Meaño que hai canteira de sobra que manteña a ilusión polo balonmán en Santa Comba.

Non só en Santa Comba hai canteira. As grandes novas da fin de semana chegaron dende a categoría infantil. Os carballeses do Garaysa se proclamaban campións galegos e xa pensan no Campionato de España. Non puideron gañar as rapazas do Bm. Camariñas na súa fase final, pero si que gozaron de estar entre as 4 primeiras de Galicia, e xa se preparan para o asalto á División de Honra.

 

1ª Estatal Masculina, x. 28

  • Resultado: Calvo Xiria - Calmear Rasoeiro (38-26).
  • Calvo Xiria: Santiago Gómez [p] (1), Martín Gómez [p], Brais Puñal, Pablo Iglesias (8), Carlos Vilanova (9), Sergio Facal (2), Gonzalo Pombo (2), Alejandro Calvete, Javier Rodríguez (2), Julián López (1), Hugo Rodríguez (4), Martín Alfeirán (5), Jorge Bouzas (3), Manuel Méndez (1), Miguel Suárez-Pumariega, Juan Carlos Rodríguez.

Superou a primeira das 3 finais que ten por diante o Calvo Xiria. Ben arroupado pola súa afección, á que non fixo sufrir á súa afección. Cun arreón antes do descanso deixaron practicamente o partido sentenciado para a segunda metade, recuperando a imaxe das mellores tardes.

Non fallou o Porriño nin o Lalín polo que a diferenza que ten o Calvo sobre eles segue sendo de 1 e 2 puntos respectivamente. Quedan dúas xornadas ante dous equipos da zona baixa, a seguinte de novo na casa ante o Magope Seis do Nadal e a última en Vigo ante o Lavadores. Ten o Calvo o segundo título consecutivo na súa man, e se gaña a vindeira semana xa certificaría a participación na fase de ascenso.

 

2ª Autonómica masculina, Gr. 2, xornada 20

  • Resultado: Circuitos Galicia-ASMUBAL - Bm. Xallas (33-25)

Penúltima xornada do Bm. Xallas, nun partido disputado en Meaño para enfrontarse a un equipo sólido en defensa e organizado en ataque. Tocou novamente derrota, pero cun sabor agridoce, pois o equipo, que contaba con moitas baixas, puido comprobar que os xuvenís teñen moito que dicir no futuro do balonmán xalleiro. Defenderon duro e mesmo conseguiron que algún xogador local se desesperar ante a boa defensa verde.

O futuro do Bm. está garantido en Santa Comba.

 

Potencia costeira en Infantís

O Garaya Xiria campion Infantil galego O Garaya Xiria campión Infantil galego

Doble alegría a que nos trae a categoría infantil esta fin de semana. Por un lado o Garaysa Xiria proclamouse Campión da Fase Final Infantil. Os carballeses pelexaron con Teucro, Culleredo e Cisne e alzáronse co título de campión na casa grazas en parte ao esforzo defensivo do equipo. Os carballeses disputarán o Campionato de España.

Pola sáu parte, fermosa fase a que viviron as infantís do Bm. Camariñas en Cangas do Morrazo. Non puideron vencer, pero quedar entre as 4 primeiras de Galicia xa é toda unha alegría para a familia conserveira. Ademais, o ano que vén Camariñas terá equipo na División de Honra Infantil, demostrando que hai canteira na vila do encaixe.

Infantis do Bm Camarinas 4 de Galicia Infantis do Bm Camariñas co título de 4ª de Galicia  

Máis información

Crónicas deste curso

Outras novas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).

Comentarios