Balonmán: O Bm. Camariñas conseguiu en Valladolid un histórico ascenso á 1ª


Menudo ano para o balonmán costeiro. O Calvo Xiria acadaba o título a semana pasada da 1ª Autonómica, e xa pensa na fase de ascenso á División de Honra. E sen tempo a baixar a resaca, o Bm. Camariñas tamén nos fai gozar co seu ascenso á 1ª Autonómica. Xa disputaran a categoría hai 2 anos, igual que na temporada 2011/2012.
Fin de semana completa para os conserveiros, que se desprazaban a Valladolid a disputar unha Fase de Ascenso fraticida. E seguindo co nivel deste ano, os camariñáns, arroupados por unha afección incansable e eternamente fiel, sufriron pero non cederon unha soa derrota nos 3 partidos que disputaron para volver á 1ª Autonómica.
O venres vencían ao Quart de Poblet por 28-27. Na segunda xornada, cederon empate ante o Triana por 25-25 noutro final de infarto, a pesar de ir sempre por diante.
E chegaba o último partido, esta mesma mañá de domingo 14 de maio, ante o Delicias. Aquí si que non houbo rival e o Conservas fíxose forte, e tras un primeiro cuarto de hora titubeante, marcou un 0-4 no marcador para irse e non deixar colgarse nunca máis ao cadro rival. Rematou cun 18-22 para os camariñáns que disfrutaron ao máximo deste espectacular ascenso á 1ª Autonómica, na que esperan non ter que enfrontarse ao Calvo Xiria o ano que vén, porque significará que os verdes xogarán nunha categoría superior acadando o ascenso.
https://www.facebook.com/mariajose.gerpemartinez/videos/1885408444818438/ https://www.facebook.com/1244348165/videos/10213958620059982/Campións e Fase de Ascenso do Calvo Xiria

O Calvo Xiria foi recibido este pasado venres polo Concello de Carballo como campións da 1ª Autonómica.
Un Bm. Xiria que buscará o ascenso á División de Honra, a segunda categoría en importancia do balonmán estatal despois da Asobal, por 4ª vez nos últimos 6 anos.
Esta vindeira fin de semana de 20 e 21 de maio, toca ir a Lanzarote para loitar por unha única praza de ascenso con Bm. Elche, Ca’Mario Lanzarote e KH7 Bm. Granollers.
En www.balonmanxiria.com/fase2017 manterannos informados os verdes.Crónicas deste curso
- Hai canteira:
- Camariñas, Carballo e Santa Comba, pendentes do Bm..
- O pavillón de Fontenla vibrou como nunca co balonmán.
- O Bm. Camariñas, campións de Liga por terceira vez.
- Impecables.
- Non poden cos líderes costeiro.
- De volta á fácil senda da vitoria:
- O Bm. Camariñas sofre a primeira derrota tras case 10 meses.
- Doble vitoria, de novo.
- O Xiria ten que recuperar o fío que non perde o Camariñas.
- Invicto só queda un.
- Gañar por inercia.
- Xiria e Camariñas acaban invictos o 2016.
- Ampliando a vantaxe para pasar un Nadal tranquilo.
- Invictus.
- O Norte ó poder.
- O Calvo, máis líder e de novo representante galego na Federación Española.
- O Balonmán Camariñas, a defensa menos goleada do campionato.
- Balonmán: Posta de longo para o Bm. Camariñas.
- O Xallas ponse de longo mentres Xiria e Conservas seguen en marcha.
- A canteira do Xiria pode coa carteira do Chapela mentres o Bm. Camariñas quece motores.
- Carballo vístese de verde Xiria>Carballo vístese de verde Xiria.
Outras novas
- O Basket Xiria quere afianzar a súa canteira pontecesá.
- O equipos do Basket Xiria póñense en marcha.
- A creación do primeiro equipo sénior feminino é unha chulada para o Carballo Basket”.
- 10 anos para un Basket Xiria que segue medrando.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).