Balonmán: O Xallas ponse de longo mentres Xiria e Conservas seguen en marcha

Segue o Calvo Xiria contando partidos por vitorias, encaramado á primeira posición da Familia do Bm Xallas 16-17
Posta de longo este pasado sábado no pavillón de Fontenla da familia completa do Club Bm. Xallas. 85 deportistas vestiron a camisola xalleira do club presidido por David Babeira, e que conta con case 300 socios e unha importante batería de casas colaboradoras.
A xornada sabatina arrincou pola mañá cos pequenos. Abrían a tarde os xuvenís que caían ante un Moaña nos postos de arriba. As Xuvenís de División de Honra recibían a todo un Teucro, ante o que non podían facer nada.
E xa para rematar, os Sénior disputaban a 4ª xornada da 2ª Autonómica Masculina, Gr.2, recibindo ao Moaña. Caeron os xalleiros, que aínda non coñecen a vitoria, pero a cabeza quedou ben alta e as derrotas non impediron que a xornada fose unha festa do balonmán, en verde.

Balonmán Camariñas
O Areal enchíase a tarde do sábado para ver o comezo do Bm. Camariñas na Choque do BM Camariñas-Foto-Jose Campana
1ª Estatal Masculina, x.4
- Resultado: Sar Plastic Omniun - Calvo Xiria (13-38)
- CALVO XIRIA 38 (23+15): Santiago Gómez [p], Antonio Mato [p], Alejandro Calvete (1), Brais Puñal (2), Manuel Méndez (2), Sergio Facal (1), Uxío Batán (4), Martín Alfeirán (4), Julián López(4), Juan C. Rodríguez, Gabriel Castiñeiras (1), Jorge Bouzas (6), Pablo Iglesias (6), Javier Rodríguez (2), Miguel Suárez-Pumariega (3), Gonzalo Pombo (2).
Soberana paliza do líder da categoría ante preto de 200 seareiros en Redondela. Partido perfecto dos carballeses, en defensa e en ataque, que lle permite manter números perfectos. Dende logo foron os sesenta minutos máis completos dos carballeses no que levamos de liga, sen fisuras en ningunha das fases do xogo, amosando unha boa progresión semana tras semana, para irse achegando ao momento óptimo de forma e de xogo.
O vindeiro sábado visitará o Vila de Noia o Luceros, filial do Cangas de Asobal. O partido comezará as 18:00 do sábado 22 de outubro.
1ª Autonómica masculinia, x.1
- Resultado: BM Camariñas - BM Narón (30-18).
Máis información
- Resultados e clasificacións da 1ª Autonómica Feminina.
- Resultados e clasificacións da 2ª Autonómica Feminina.
- Resultados e clasificacións da 1ª Autonómica masculina.
- http://www.fgbalonman.com/competiciones.asp?torneo=2279">Resultados e clasificacións da 2ª Autonómica masculina. Gr. 2.
Novas relacionadas
- Balonmán: A canteira do Xiria pode coa carteira do Chapela mentres o Bm. Camariñas quece motores.
- Carballo vístese de verde Xiria>Carballo vístese de verde Xiria.
Outras novas
- O Basket Xiria quere afianzar a súa canteira pontecesá.
- O equipos do Basket Xiria póñense en marcha.
- A creación do primeiro equipo sénior feminino é unha chulada para o Carballo Basket”.
- 10 anos para un Basket Xiria que segue medrando.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).