Martes. 07.05.2024
El tiempo

Basket: Domingo de Resurrección para o ACB Costa da Morte

Basket: Domingo de Resurrección para o ACB Costa da Morte
ACB Costa da Morte

Había un partido do baloncesto costeiro, e foi o que deparou a primeira vitoria da tempada do CE Cume Costa da Morte. Foi ademais no “Domingo de Resurrección” cando os ceeses vencían ao Arteixo dándose a primeira alegría do curso, gracias á fe da afección local.

3ª División Sénior Masculina

  • Resultado: C.E. CUME ACB COSTA DA MORTE - CB ARTEIXO (61-54)
  • ACB: Manu (14, 2T); Christian V. (6, 2T); Deril (21, 3T); Luci (2); Sergio (11, 2T) – cinco inicial – Cristian M. (2); Iván; José (5, 1T).

A pesar de dous minutos en que os ataques non estiveron finos por parte de ningún dos equipos, Chris abre o marcador ceense con dúas triplas, e a partires de ahí, a maior fluidez, consegue que os locais anoten con facilidade, e grazas ao baixo acerto dos visitantes, conséguese unha ampla renda (21-08), pero sobretodo cunhas sensacións inmellorables, como o equipo está a amosar nos últimos partidos. Penetracións, e boas lecturas dos sistemas en ataque, cousa que sen dúbida costou, pero xa se len as vantaxes, mais fácilmente.
No segundo cuarto, e cos arteixáns xa máis metidos no partido, e cun acerto máis estable, as forzas iguálanse, e mais a pesares de que o ataque baixa a fluidez a defensa segue rocosa, sen fisuras, rematando dito periodo cun 15-15, e marchando ao descanso cunha renda de 13 puntos.

Á volta do descanso, ben por relaxación local, ben porque o CB Arteixo tiña máis necesidade de anotar, a defensa concede tiros abertos, que se antes non lle entraban ao visitantes, agora si, o que sumado a un certo atasco ante a zona visitante fan que os locais perdan parte da renda obtida, chegando co partido moi aberto ao periodo final (13-18)

Todo o que estaba a entrar na primeira metade, comeza a saír fóra neste último periodo, cuns arteixáns volcados, que conseguen a falta de 3 minutos colocarse a só un punto de desvantaxe. Tempo morto local, e se ben se consegue saír do atasco, é xusto agradecer a un xogador que non se deu por vencido: a afección local. Se un minuto antes os ceenses parecían sen forzas, un minuto máis tarde era todo o contrario. Os berros da grada contaxiaron aos 8 xogadores, sobretodo aos 5 que estaban nese intre en pista. Manu, Luci e Deril chegaban a todos e cada un dos xogadores exteriores, punteaban todos os tiros, sabedores do importante que era non encaixar unha tripla nestes intres; Cristian e Sergio pola súa parte, tiñan un duro traballo freando os dous duros interiores arteixáns. En ataque unha tripla de Sergio, da un empuxón de aire ao equipo, que viría seguido dunha tripla de Deril. Aí cos visitantes forzando faltas para frear o tempo, e con desesperación por lanzar de 6,75, chégase a falta de 6 segundos con balón ceense de fondo e 7 puntos de vantaxe. Nunha rápida saida por mor de que arteixo seguise buscando hacer falta, Manu colle o balón e o adianta pronto para Luci, que a súa vez non fai máis que xirarse e ver a Sergio en campo de ataque, balón para el, que sabedor do que conviña, colle o balón e non o solta ata escoitar o pitido final.

 

Máis información

Novas relacionadas

Comentarios