xoves. 01.05.2025
El tiempo

Carnota prepárase para a sexta edición do Víndemo Ver

Carnota prepárase para a sexta edición do Víndemo Ver
Carnota xa case está preparada para unha importante cita da Semana Santa na Costa da Morte. Así do 13 ao 16 de abril a vila acolle a VI mostra de promoción local bautizada co nome "Víndemo Ver". A cultura, a tradición, a historia, a música, a gastronomía, a artesanía, a natureza, os produtos da horta e o deporte serán os principais protagonistas desta iniciativa posta en marcha polo goberno municipal. A feira de artesanía desenvolverase, como vén sendo habitual na praza de San Gregorio, entre os días 13 e 16 de abril en horario de mañá e tarde (de 11 a 14 horas e de 17 a 21 horas). Haberá distintos postos de artesanía nos estarán presentes as xoias, a madeira, os instrumentos tradicionais, a cerámica, etc. A feira de artesanía compleméntase co mercado de productos locais (mel, marmeladas, xabóns, cervexa, animais de curral,...). Estarán Taller Viola (artesanía con flores secas), Mandarina Cat (artesanía en madeira), Óscar Barros (artesanía en prata), Coiro Enxebre (marroquinería), Brazolinda (xogos de mesa), Cousas de Madeira (artesanía en madeira), Mico Creacións (deseño artesán en tea), Mario López (xoiería de autor), O Obradoiro do Che (instrumentos tradicionais), A Lus do Candil (libraría), O Sapo Chosco (miniaturas en pasta cerámica), Corman (artesanía en vidro), Unzueta (cerámica), Nacho Porto (cerámica) e Charamusca (cartón-pedra)

Ademais, o mercado de produtos agrícolas e gandeiros terá o mellor da gastronomía locais do agro (mel, produtos da horta, marmeladas, xabóns, cervexa, animais de curral, plantas ornamentais, etc.). Todo isto, complementado con postos de creadores locais, cestos artesanais, prata e complementos.

O Deporte

O xoves día 13 terá lugar unha das citas deportivas do programa; a ruta BTT que sairá dda praza do concello ás 10:30 horas e que consta de dous percorridos, un curto de 25 quilómetros e outro longo de 35. O venres santo as citas son máis musicais coa a actuación dos gaiterios Pedras Miúdas durante a mañá. Pola tarde, entre as 17 e as 19 horas, haberá xogos populares con Paporrubio e entre as 18 e as 20 horas actuarán as pandereteiras Amas de Casa da Picota. O deporte volve o sábado coa carreira viquinga de Carnota na que hai varias categorías e na que ainda é posible participar inscribíndose a través da páxina www.galitiming.com ou no departamento de deportes do concello de Carnota. Entre as 12 e as 14 horas haberá un obradoiro participativo de gravado de madeira e a esa hora tamén actuarán os gaiteiros de San Mamede. Xa pola tarde, entre as 17 e 19 horas, celebrarase un obradoiro de coiro e os actos do sábado péchanse co concerto de Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre - que tamén confirmaron a súa asistencia ao Asalto de Vimianzo -. A sexta edición do Víndemo Ver rematará o domingo co actuación dos gaiteiros de San Mamede.

PROGRAMA

XOVES, 13 DE ABRIL - Ruta BTT: Saída ás 10:30h do Concello con dous percorridos, un curto de 25km e outro longo de 35 km. - 17:00h a 19:00h: Obradoiro de xogos e xoguetes en galego (Brazolinda) - 18:00h a 20:00h: Gaiteiros de San Mamede

VENRES, 14 DE ABRIL - 12:00h a 14:00h: Gaiteiros Pedras Miúdas - 17:00h a 19:00h: Xogos con Paporrubio - 18:00h a 20:00h: Pandeireteiras Amas de Casa da Picota (Mazaricos)

SÁBADO, 15 DE ABRIL - 10:30h: Carreira Viquinga de Carnota12:00h a 14:00h: Obradoiro participativo de gravado de madeira - 12:00h a 14:00h: Gaiteiros de San Mamede - 17:00h a 19:00h: Obradoiro de coiro - 21:00h: Concerto de Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre

DOMINGO, 16 DE ABRIL - 12:00h a 14:00h: Gaiteiros de San Mamede

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).

Comentarios