Imprimir

11 equipos da Liga da Costa reiteran o seu NON á saír a competir

FútbolQPC | 07 de xaneiro de 2021

Comunicado de 11 equipos Liga da Costa
Comunicado de 11 equipos Liga da Costa

Xa o anunciabamos o pasado día 4, cando a RFGF transmitíalle aos equipos da 1ª que este curso seguramente non habería competición oficial en 1ª, 2 e 3ª Galicia. en todo caso, 11 equipos da Liga da Costa, da 2ª Galicia, veñen demostrar, unha vez máis, a súa unión, cun comunicado conxunto no que declaran que xa tiñan adoptada a decisión de “non participar en competición para a temporada 2020-2021”.

Os Baíñas, Buño, Cabana, Camariñas, Castriz, Lira, Monte Louro, Muros, Muxía, San Lorenzo e Zas, esperan a confirmación oficial do ente federativo, e consideran que “os prexuízos sanitarios, sociais e económicos que a Costa da Morte está a sufrir por mor da pandemia incidirían negativamente no normal desenrolo do funcionamento dos clubs”.

Reiteran que “as decisións foron consensuadas en cada club internamente, respectando a opinión maioritaria das directivas, corpos técnicos e xogadores”, ao tempo que respectan totalmente os dintintos xeitos de pensar e outras sensibilidades”.

Novas relacionadas

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/futbol-da-costa/11-equipos-da-liga-da-costa-reiteran-seu-non-sair-competir/20210107100028124294.html


© 2021 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA

Banner xunta axudas copia