Venres. 26.04.2024
El tiempo

2ª Galicia: Un derbi, un líder sólido e unha sorpresa

Xornada marcada polo derbi pontecesán disputado no Platas Reinoso (continúan as obras no Pinguel), que deixan aos dous equipos preto do líder, un San Lorenzo que recuperaba a senda da vitoria en Cee. No grupo de cabeza xa se meten Esteirana (tras vencer a un Baíñas en cadro) e Muros (que fixo o propio con outro dos equipos en problemas, o Buño).

A sorpresa da xornada protagonizouna o Coristanco de Juni, vencendo en Arliña a un Muxía que parecía que ía colocarse definitivamente arriba tras vencer a semana pasada en Verdillo.

No duelo de abaixo, e tras unha remontada cimentanda no desconto, o Castriz sae do pozo e deixa ao Zas pechando a táboa.

Para a semana duelo entre os dous únicos equipos invictos: Corme-Esteirana.

Ponteceso-Corme-Foto-SD
Imaxe do derbi pontecesán xogado no Platas Reinoso entre Ponteceso e Corme-Foto-SD
2ª Galicia: Un derbi, un líder sólido e unha sorpresa

Ponteceso - Corme (3-3)

11 do Ponteceso-Foto-SD

  • Ponteceso: Rubén (Brais, m.44), Isaac, Moscoso (Ismail, m.68), Juanjo (Dani Cotelo, m.65), Mendieta, Alberto Recarey, Abel Torres, Mara (Nando, m.59), Martín Puente Xuco.

11 do Corme no Platas-Foto-SD

  • Corme: Illote (Suso, m.26), Jesús, Pandi, Alejandro, Javi Peón, Sergio Sueiro, Toniño (Dani Casal, m.68), Manu Bermúdez (Adrián Doldán, m.56), Lucas, Brais Corral e Alejo (Samu Costa, m.80).
  • Goles: 1-0, m.6: Xuco; 1-1, m.39: Lucas de falta; 1-2, m.45: Alejo de penalti; 1-3, m.65: Toniño; 2-3, m.75: Xuco de penalti; 3-3, m.82: Martín Puente.

Lucas e Mendieta con Alberto Bana no Ponteceso-Corme-Foto-SD

Partido de tolos no Platas Reinoso, en horario matinal como nos explicaban Pablo Mallón e Lelo na previa. Partidazo que demostra o potencial dos dous equipos, claros candidatos a todo, nun choque que parecía controlado polo cadro cormelán, colocándose 1-3 e cun home menos ao ecuador da segunda metade. Pero os pontecáns foron merecedores do empate, suplindo a inferioridade numérica con forza e garra e acabaron empatando o derbi.

Comezaba o partido igualado, e nun còrner Xuco adiantaba aos “locais”. Pronto tiña que ser substituído Illote por un golpe. O partido escribíase a balón parado. Lucas demostraba a súa calidade empatado de falta, despois de que Rubén e Suso lle fixesen sendos paradóns ao propio Lucas e a Puente. E xa contra o final da primeira parte nun desmarque de Alejo o porteiro pontecesán derribariao e o ser o último home recibiría vermella directa tendo que ir os vestiarios da man de Abel.

O Corme saía máis vivo, tentando sentenciar o choque, e Toniño facía o terceiro. Parecía case que rematado, co 1-3 no marcador e un home máis. Pero o Ponteceso sacou de valentía e fpolo partido. Xuco recurtaba dende os 11 metros e xa contra o final, outra aparición de Xuco, con cano incluído, deixaba para que Puente lanzase un zapatazo ao que nada puido facer Suso. Luca aínda tivo a vitoria nos últimos instantes ante un Corme que non soubo reaccionar ante a remontada pontecesá.

 

Muros - Buño (4-0)

  • Muros: Xandre, Iván Cerilla, Pelos, Dani Jurjo, Xaco, Varo, Saúl, Kiko, Jose Cacharro e Xavi. Tamén xogaron: Dani, Ra, Ramón dd Lira, Bruno e Gesto.
  • Buño: Brais, Manoliño, Pablo, David, Simón, Fran, Luismi, Adrián Rama, Juan Antelo, Ferreiro, Álex. Tamén: Miguel Dourado.
  • Goles: 1-0, m.9: Xavi tras un gran pase de Varo; 2-0, m.55: Varo tras xogada entre Jose e Xavi; 3-0, m.65: Xaco nun barullo na área; 4-0, m.75: Pelos de cabeza a unha falta botada por Kiko.

Choque no Eleuterio Balayop

As baixas seguen afectando a un Buño, que se viu sorprendido polo gol inicial do cadro muradán. En todo caso, a primeira metade foi igualada, e non houbo apenas ocasións.
Saíu mellor plantado o Muros na segunda e querendo mandar, e soubo aproveitar os erros dos visitantes. Así, os goles locais foron chegando ao longo do segundo tempo.

O Muros celebrando un gol
O Muros celebrando un dos tantos 

Muxía - Coristanco (2-4)

  • Muxía: Ángel, Michael, Brais Mouzo, Maikel, Pereira; Tati, Mauro, Álex; Víctor Alcaina, Manu Nogueira, Edu. Tamén: Julián, Martín, Mario e David.
  • Coristanco: Rubén; Adrián, Samuel, Rubio, Pazos, Castiñeiras, Erre, Corral, Mario, Sergio e Samu Vázquez. Tamén xogaron: Mauricio, Joni, Álex, Villajos e Dani.
  • Goles: 1-0, m.1: Rubio en propia; 1-1, m.15: Mario de falta lonxana; 1-2, m.23: Castiñeiras; 2-2, m.67: Mario; 2-3, m.76: Jonin; 2-4, m.83: Dani.

Muxia e Coristanco

A sorpresa da xornada deuse en Arliña onde o Coristanco puido cun Muxía que viña de superar ao líder no seu campo. O partido parecía ter cor vermella despois de que o Coristanco se metese un autogol na primeira xogada do partido. Comezaría entón un duelo pola posesión do balón que se prolongaría todo o partido, cun Coristanco que non se amilanou e foi máis intenso que o rival. Conseguíu darlle a volta pronto cunha falta lonxana de Mario e un roubo en zona perigosa de Castiñeiras. O Coristanco estaba moi cómodo marchando con vantaxe aos vestiarios, e mesmo Rubio mandaba unha falta á cruceta.

Pero saíu o cadro de Leis e Lobelos ben na segunda, aprentando con balóns longos que rematarían co empate de Mario. E cando parecía que ían polo partido, sería de novo o Coristanco o que, tras os cambios, gañaba de novo peso no partido e tras dúas boas xogadas de Álex en mediocampo poñería dous goles no seu marcador. Primeiro Joni de cabeza tras un centro lateral e despois Dani, nun balón solto na frontal tras unha parada do porteiro local.
Intentaríano ata o final os locais con balóns colgados que non chegaron a crear perigo.

 

Cerqueda - Cabana (3-1)

  • Cerqueda: Dario, Diego, Marcos Pensado, Javi Souto, Dani, Estefano, Lorenzo, Pitu, Dani Mato, Iván Mato, Eloy.
  • Cabana: Víctor, Pablo, Ismael (José), Rubén, Raúl, Pablo Pose (Fernando), Manolo, Fernando (Sergio), Moreno, Duda (Simón) e Aarón.
  • Goles: 1-0, m.35: Pitu; 2-0, m.38: Pito; 3-0, m.75: Iván Mato de penalti; 3-1, m.83: Jose.

Levou o cadro cerquedán algo máis o peso do partido, pero o choque estivo igualado durante a primeira media hora, con algunha ocasión para os dous equipos. Pero que en dúas perdas inocentes do Cabana se puxo por diante o Cerqueda.

Ao comezo do segundo tempo de penalti facía o terceiro o Cerqueda. O Cabana volcouse arriba, e meteu atrás ao cadro locai, e tivo boas ocasións mesmo fallando ata dous man a man co porteiro e estrelando un balón no longueiro. Poría José o 3-1 e seguirían acosando ata o final os visitantes pero sen froito.

 

Lira - Malpica (4-1)

  • Lira: Baba, Óscar, Maikel, David (Yerai, m.25), Marcos. Borja (Eloy, m.85), Miguel, Mamadou (Josiño, m.75), Toni, Raúl (Manu, m.60) e Oliver (Costiña, m.80).
  • Malpica: Damián, Laik, Belar, Juan Abelenda, Juan Fuentes, Kevin, David, Alberto, Migueliño, Aitor e Andy. Tamén xogaron: Brais Ceán, Alejandro Orgueira, Cristian, Costín e Lamas.
  • Goles: 1-0, m.18: Miguel dende fóra da área; 2-0, m.40: Raúl aproveita un rexeite; 2-1, m.45: Aitor de penalti; 3-1, m.50: Mamadou; 4-1, m.83: Oli tras unha combinación Toni-Borja.

Partido que comezaba con igualdade, pero que se veía que o Malpica (ata 6 baixas ten Gurita) non lle saían as cousas. Ao principio había ocasións para os dous equipos pero era Miguel o que rompía a igualada. Este gol darialle ao equipo de Juan Rey tranquilidade para enlazar boas accións, facendo pouco despois o segundo. Pero antes do descanso, o Malpica facía unha boa xogada por banda que remataba en penalti.

A volta parace que o Malpica podía entrar de cheo no partido, e enlazou dúas boas ocasions que ben puideron acabar co empate no marcador. Pero unha vez máis, unha saída ordenada e coa intervención de varios xogadores do Lira remataría en gol de Mamadou. A partir de aquí o Malpica desanimouse un pouco e o Lira veuse arriba empezando a mover con criterio o balón e non pasando apuros na liña defensiva. Froito desto unha combinacion entre Toni-Borja e Oliver deixa a Toni só diante do porteiro rival que fai unha boa parada pero o rexeite caelle a Oliver que non perdoa.

 

Cee - San Lorenzo (0-4)

  • Cee: Joselu, Martín, Jorgito, Aitor, Chema, Ezequiel, Cote, Iago, Josiño, Bruno, Leo. Tamén Carlos, Brais Rey, Alex Agulleiro, Rubén Yaya e Patera.
  • San Lorenzo: David, Puñal, Álex Fdez., Raúl, Ures; Garrid, Styven, Varela, Diego e Brais C. Tamén: Fuentefría, Padín, Eloy F., Alberto e Alexis.
  • Goles: 0-1, m.6: Raúl; 0-2, m.8: Brais; 0-3, m.70; Brais; 0-4, m.85: Brais.

Tarde pasada por agua e pouco vistosa en Cee, nun terreo de xogo bastante anegado. Saíron os locais sen tensión ante o líder e xa recibiron dous tantos. O Cee subía liñas pero non daba combinado e o San Lorenzo impuña a súa pegada.

O Cee saíu máis dominador na segunda, chegando mesmo á área rival, e pero cando máis dominaban unha perda na saida de balón provocou o terceiro do San Lorenzo que sentenciaba o encontro. O cuarto foi unha contra co partido case finalizado.
Resultado xusto polo visto no campo, aínda que algo abultado.

 

Esteirana - Baíñas (4-1)

  • Esteirana: MJ, Dani Rama, Adrián M., Tobío (Samu), Álex, Dani París, Adri, Pablo (Carajillo), Code, Elías e Raúl (Brais).
  • Baíñas: Brais, Quintela, Eloy Trigo, Alvite, Esteban Canosa, Samuel, Cristian Hermida, Abel Souto, Antonio, Baba. Tamén: Cristian Canosa, Esteban Rodríguez, Héctor e Oreiro.
  • Goles: 1-0, m.11: Elías; 2-0, m.30: Raúl; 3-0, m.50: Carajillo; 3-1, m.84: Abel; 4-1, m.89: Carajillo.

Segue o cadro de Barca tocadísimo, e só puideron sacar 14 xogadores, entre eles varios tocados, e ademais Esteban Rodríguez tivo que ir ao Hospital con fractura de tabique nasal.

Na primeira xogada xa marcaron os locais, pero o equipo vimiancés tirou de garra e se recompuxo. Toni un tiro á escuadra que salvou o meta local, e cando o equipo máis apretaba, chegou o segundo tras unha perda no medio campo.

Na segunda parte o Baíñas adiantou algo as liñas pero cada vez que recuperaban os de Geno creaban perigo. Marcaron dous goles e pudo haber algún máis. O Baíñas marcou o seu gol nunha xogada de listo do punta.

 

Castriz - Zas (3-2)

  • Castriz: Fran Fagín, Carlos, Álex Mourelle, Adrián, Espi, Chiqui, Iván Rey (Brais Sendón, m.46), Sebas, Mata (Martín, m.88), Iván Pastoriza, Iván Castro (Pablo, m.78).
  • Zas: Puyol, Fabi, Atu, Bruno, Brais, Manu (Brais Espasandín, m.89), Kevin, Guillamet (Iván, m,82), Oreiro (Miguel, m.69), Andrés (m.60) e Molinos.
  • 0-1, m.12: Oreiro tras resbalón do meta Fran; 1-1, m.58: Espi a pase de Brais Sendón; 2-1, m.61; Alex de cabeza a unha falta botada por Brais Sendón; 2-2, m.91: Brais; 3-2, m.93: Atu en propia.

Zas-Castriz en San Pedro

Partido de necesidades en San Pedro. Comezaba o partido sen demasiados riscos, e con poucas ocasións, pero os dous equipos empezaron moi nerviosos. Era un partido de 0-0 pero se adiantouse o Zas tras un esvarón do meta local, nun erro típico de vídeo de youtube. O Castriz non era capaz de trenzar e crear demasiado perigo, pero si que pediron un par de posibles penaltis.

Dende o inicio da segunda metade cambiou o conto, cun Castriz moi metido. Nada máis comezar a segunda metade Sebas falla un man a man con Puyol. E a superioridade xalleira permitiu que lle dera a volta ao marcador. Puido chegar o teceiro, pero chegou o desconto. absolutamente tolo. Puyol facía un doble paradón a tiro de Brais Sendón e o rexeite de Eloy. Pero apenas un minuto despois, o propio Brais empataba o partido, pero no seguinte córner Atu marca en propia meta o terceiro para completar a remontada xalleira e permitir que os de Miguel Chouza sumen o seu primeiro triunfo.

 Zas-Castriz

TODAS AS TÁBOAS DE RESULTADOS E CLASIFICACIÓNS EN WWW.FUTBOLDACOSTA.COM

Comentarios