Imprimir

A campaña de aforro de auga chega tamén aos edificios públicos en Carballo

José Luis Louzán | 27 de decembro de 2017

O Concello de Carballo ven de comezar a instalación de carteis nos que tamén se recomenda non usar máis papel do necesario e non utilizar o inodoro como papeleira. Campaña para Aforro de Agua en Carballo “Aforra auga!” é o lema elixido, e como hai que predicar co exemplo, non só están pechadas desde hai meses as fontes ornamentais ou reducidos os baldeos, senón que tamén se quere contribuír a ese aforro en tódolos edificios públicos. Con esa finalidade o concello está a  instalar nos aseos de tódolos inmobles municipais uns carteis nos que se convida a aforrar auga, pero tamén a non usar máis papel do necesario ou a non utilizar o inodoro como papeleira. Neste sentido, Carballo non é alleo ao problema que están a provocar, por exemplo, as toalliñas húmidas nas estacións depuradoras. De feito, ademais de apelar á conciencia cidadá con campañas coma esta, dentro dos investimentos programados para este ano con cargo ao ciclo integral da auga figura a instalación dun sistema de desbaste automático na EDAR da Cepeira, que é a única do concello que carece del, e que resulta imprescindible para facer unha criba de este tipo de elementos sólidos que tantos problemas poden causar neste tipo de instalacións. A colocación dos carteis, que tamén inclúen un código QR que enlaza coa web de Carballo Limpo, é unha medida máis dentro da política medioambiental do Concello de Carballo, para conseguir a implicación da cidadanía na protección dos recursos naturais a través de pequenos xestos cotiáns.
Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/carballo/a-campana-de-aforro-de-auga-chega-tamen-aos-edificios-publicos-en-carballo/20171227065456086639.html


© 2020 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA

Banner xunta axudas copia