Imprimir

A UDEF ve indicios delictivos do alcalde de Camariñas na Trama dos Seguros

que pasa na costa | 23 de febreiro de 2016

Alcalde de Camarinas O Alcalde de Camariñas segue salpicado pola trama dos Seguros

Novidades sobre a “trama dos seguros” de Camariñas. Segundo denuncia o PP camariñán, a Unidad de Delincuencia Económica y Fiscal (UDEF) da Policía Nacional ve “indicios suficientes de comisión delictiva contra a adminstración pública” por parte do alcalde, Manuel Valeriano Alonso, Pichurri.

Todo nace a raíz dunha denuncia do ex voceiro do PP local, Daniel Rego, na que se puña de manifesto durante os anos 2007 a 2009 o alcalde cobrou comisións “aparentemente ilícitas” por máis de 10.000€, que saen de varios contratos que o Concello realizou á súa empresa de seguros.

O PP local denuncia que o alcalde “segue levantando informes de reparo a día de hoxe”, e pide que se axilice o proceso, aberto dende 2009.

Novas relacionadas

Fonte

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/camarinas/a-udef-ve-indicios-delictivos-do-alcalde-de-camarinas-na-trama-dos-seguros/20160223112038080121.html


© 2020 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA

Banner xunta axudas copia