Mércores. 24.04.2024
El tiempo

O alumnado de Cee viviu unha completa inmersión lingüística en Redon

Alumnado de Cee en Redon-Francia
Alumnado de Cee en Redon-Francia
O alumnado de Cee viviu unha completa inmersión lingüística en Redon

Vaise convertindo xa nunha tradición. Por cuarto ano consecutivo alumnos/as do IES Agra de Raíces tiveron a oportunidade de pasar unha semana de estancia con familias francesas en Redon, Francia. Sen dúbida, o mellor xeito de aprender unha lingua, cunha inmersión total na vida e na cultura local.

Este curso os participantes foron 20 rapaces e rapazas de 3º ESO e estiveron de visita pola rexión francesa dende o 14 ao 21 de xaneiro. Profesoras dos dous institutos (IES Agra de Raíces- Lycée Saint-Sauveur) puxéronse en contacto para acordar un intercambio entre alumnos/as. Intercambio que se levou a cabo en dúas fases, unha primeira na que os/as alumnos/as ceenses visitaron a rexión francesa nas datas antes sinaladas e unha segunda na que as familias acolleron, dende o 6 ao 13 de febreiro, aos participantes franceses.

Con esta experiencia, ademais de supoñer unha inmersión lingüística e cultural plena, a rapazada, dun e doutro país, ten a oportunidade de acudir ás aulas, de coñecer os centros de estudos e de facer saídas guiadas de interese cultural pola contorna de cadansúa rexión. Toda unha experiencia de vida que dificilmente esquecerán.

Alumnado frances en Cee
Alumnado frances e ceense durante a súa visita na comarca, no salón de plenas do Concello

Outras novas relacionadas cos IES

Comentarios