Sábado. 20.04.2024
El tiempo

As monitoras da FEP enchen de lendas o Pozo da Señora

As monitoras da FEP enchen de lendas o Pozo da Señora

Espectacular ver como as novas, por mozas que non por falta de experiencia, monitoras da Escola de Verán da Fundación Eduardo Pondal, vanse curtindo. Espectacular ver como son capaces de ter un auditorio enteiro, en plena noite e no mesmo Pozo da Señora, a todo un público de pequenos alumnos atentos ata o último conto, ata a última nota. Todo no marco, da saída nocturna realizada o pasado venres desde a Casa do Cura ata un lugar ateigado de lendas, como é o Pozo da Señora.

Ademais de monitoras e alumnos, a cita contou tamén coa presenza de seus pais e nais e coa compaña musical da banda de gaitas Inllar. Así, os 80 nenos e nenas puideron asistir a un espectáculo nocturno a carón das augas do río Lagares. Alba Costa coa súa magnífica voz, Silvia Losada coa súa guitarra e Antía Ameixeiras co seu violín ofreceron distintas intervencións musicais. Pola súa banda, Sofía González encheu de lendas este espazo máxico.

4 bravas costeiras espallando o seu saber.

Actividades desta semana

O programa da Escola de Verán continúa ateigado de tarefas para esta semana. Á parte das activiades de carácter diario, o martes o alumnado da Escola Municipal de Teatro de Cabana representará a obra de Xosé Antonio Neira Cruz, Xarope de amorodo, e o venres realizarase unha saída á Padrón para visitar a casa-museo de Rosalía de Castro.

Nela, ambas fundacións compartirán actividades culturais. A recepción oficial na casa rosaliana será efectuada polo seu novo presidente Anxo Angueira quen ten participado no pasado en varias xornadas formativas da institución pondaliana.

Novas relacionadas

Fonte

  • FEP, da man de Xosé Manuel Varela.

Comentarios