Venres. 29.03.2024
El tiempo

O BNG de Corcubión furga na ferida do fallido pacto de goberno

Pacto de goberno entre PSOE e PACOR en Corcubion
Lalo Insua e José Ramón Rojo amosando o pacto de goberno entre PSOE e PACOR tralo pleno de investidura
O BNG de Corcubión furga na ferida do fallido pacto de goberno

Non pintaba ben a cousa aló por xuño cando o PSOE e BNG esquecían a posibilidade de instaurar unha estabilidade que tanto necesita o Concello de Corcubión, e por mor das desconfianzas de sempre puñan o goberno nas mans do único edil do grupo minoritario PACor. Un José Ramón Rojo, construtor da vila, que de súpeto se viu como chave de goberno e que pronto comezou a esixir que o tratasen como tal.

Apenas 4 meses o PSOE rompía o pacto e botaba a Rojo do goberno, e é o BNG o que aproveita para meter o dedo na dor, pera denunciar o “circo” creado polo grupo de goberno.

Para o BNG, “o cesamento do edil de obras esta semana, confirmou a pantomima do pacto de goberno entre o PSOE e o PACor, que amosa o carácter déspota do Alcalde e que só servía para resolver situacións persoais e non para mellorar a gobernabilidade do pobo polo feito de que unha das desavenencias (como o propio Rojo denunciou públicamente) foi non darlle unha dedicación”.
O portavoz corcubionés, Lois Lado, manifestou que “este circo é un despropósito que xa se via vir, e demostra o desgoberno que hai no concello de Corcubión, e a pouca seriedade e irresponsabilidade do executivo”.

A realidade é que o Concello de Corcubión volve ter por diante 4 anos cun goberno en minoría, e o clima volve ser tenso, cando durante o primeiro semestre de 2019 parecia que os dous partidos máis votados da vila poderían chegar a superar as súas históricas rivalidades político-familiares a favor dos seus veciñ@s.

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios