Venres. 19.04.2024
El tiempo

Caión terá un novo campo de fútbol

Caión terá un novo campo de fútbol
Xa está en marcha, por fin, o novo campo de fútbol de Caión. Así, o Club do Mar xa non terá que desprazarse a xogar no campo da Pedra Santa de Paiosaco, A Xunta vén de aprobar un investimento de máis un millón de euros -1.050.000-. A obra, ademais do campo de herba artificial, inclúe uns vestiarios e outras instalacións na planta baixa. Iso si, parece que as gradas non darán feito xa que terán capacidade para 200 persoas, e o clube caionés xunta máis siareiros cada fin de semana. Segundo as primeira previsións, o campo estará listo o vindeiro ano 2012.

Datos técnicos

Ao Concello da Laracha corresponderíalle a posta a disposición dos terreos precisos para a realización da obra –que xa son na súa totalidade de titularidade municipal -no lugar de Xermaña- nas inmediacións do pavillón polideportivo- así como da policía e conservación das mesmas durante a súa execución e da posterior xestión e mantemento do campo trala súa posta en funcionamento. O acceso a parcela na que se ubicará o novo campo de fútbol de Caión farase a través do vial que na actualidade dá servizo ao polideportivo municipal xa existente. O proxecto terá en conta a topografía da zona para reducir o impacto da construción e reutilizará materiais procedentes das escavacións.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da Xunta.

Comentarios